mércores, 22 de decembro de 2021

BIBLIORRODÍS RECOMENDA

Como todos os anos visitamos varias librerías da contorna buscando novas adquisicións para a nosa biblioteca. Este ano hai moito onde elixir e fixemos unha pequena escolma de títulos variados que nos pareceron interesantes. Como sempre hai moitos mais e os gustos varían dunha persoa a outra. Recomendámosvos agasallar algún libro este nadal e visitar as bibliotecas municipais onde atoparedes moitas propostas de libros, discos e DVD para consultar in situ ou levar a casa de balde.

Nesta selección hai títulos relacionados coa familia: as tarefas das avoas, a perda dun avó, os celos pola chegada dun irmán, as reunións polas festas… Temos un libro sen texto: La gran aventura de Nara, para imaxinar e contar como nos pareza. Eliximos un libro en inglés sinxelo da serie de Shark do gran Nick Sharratt.

Propoñemos un libro  informativo, Nos furados das árbores, visualmente moi atractivo, un alfabeto de animais (hai edición en galego e en castelán), un libro de vocabulario galego- inglés (O gran libro das nosas cousas), un pequeno libro para contar do 1 ao 10 e dúas propostas para facer en familia evitando as pantallas. Hervé Tullet é un artista especializado en traballar con nenos que ten publicados numerosos libros. ¡La expo ideal!  é unha caixa con materiais e propostas para facer arte na casa.

Felices Festas!!! 






Ningún comentario:

Publicar un comentario