mércores, 19 de maio de 2021

LETRAS GALEGAS 2021





Levamos xa uns días falando das Letras Galegas e de Xela Arias, a autora á que se lle dedica este ano o día. 

Hoxe todos festexamos o aniversario das letras. Puxemos unhas candeas nunha tarta e o encargado ou encargada as apagou cun libro. Na aula de 3 e 4 precisamos axuda co diccionario da lingua que é grande e pesado. Aproveitamos para facer un biscoito de cumpreanos. Os nenos e as nenas colorearon unha bandeira de Galicia na que pegaron unha foto de Xela e a levaron para casa como recordo do día.


Dende a semana pasada, nas aulas se están a facer diversas actividades relacionadas coa conmemoración. Institucións e centros educativos prepararon numerosos recursos para falar da lingua galega e de Xela Arias. Para o noso alumnado recollimos algunha das propostas das seguintes páxinas:

http://primaveradasletras.gal/

Aquí tedes unha actividade en liña do Seminario Galán para coñecer a Xela das que vimos na aula.


Ningún comentario:

Publicar un comentario