domingo, 25 de abril de 2021

DÍA DO LIBRO 2021

Chegamos moi ilusionados ao mes do libro. Desta volta solicitamos ás familias que nos enviaran unha foto do seu fillo ou filla recomendándonos un libro. O resultado está no mural da entrada, cunhas fotografías preciosas, as que acompañamos con algún dos contos recomendados que tamén atesouramos na biblioteca. Agradecemos enormemente a colaboración familiar.


Dende bibliorrodís preparamos un colgadoiro para a porta da habitación que os nenos e nenas colorearon e levaron para casa. Tamén levaron un marcapáxinas da Asesoría de Bibliotecas da Consellería de Educación e un libro dos bolechas.


Pataquiño, a nosa mascota, agasallou ás dúas aulas cun lote de libros. Para abrir o agasallo primeiro tiñan que resolver unha adiviña na asemblea.


Con moitas precaucións pola pandemia, preparamos varias actuacións para realizar ao aire libre. Esta foi a primeira vez no curso que fixemos unha actividade conxunta, aínda que mantendo as distancias. Xa fixéramos outras actividades á vez, na distancia, pero non duns para os outros como o pasado venres. Organizamos unha pequena celebración cunha coreografía de movementos para minimizar riscos, estando os dous grupos xuntos, de fronte pero sen achegarse.

Aquí vos deixamos unha pequena montaxe de fotografías do día.



Ningún comentario:

Publicar un comentario