domingo, 14 de marzo de 2021

DÍA DA MULLER

Este curso para falar do día da muller pedímoslles ás nenas e aos nenos que nos falaran das mulleres da súa vida. As familias colaboraron enviando fotografías coas que se traballou na aula, estimulando a linguaxe oral, falando dunhas realidades vencelladas ao entorno vivencial e destacando a importancia da muller na vida persoal e profesional. Dende a biblioteca fixemos unha selección de títulos nos que a muller é protagonista, real ou ficticia. As docentes fixeron escolla dentro destes materiais. Para conmemorar ó día elaboráronse uns marcapáxinas. Coas fotos familiares e os modelos de mulleres fixemos un mural precioso na entrada da escola. Non deixedes de visitar os blogs de aula.



Ningún comentario:

Publicar un comentario