martes, 22 de decembro de 2020

BIBLIORRODÍS RECOMENDA POLO NADAL

Chegadas estas datas visitamos librerías para ver as novidades lectoras e facemos unha selección variada de algunhas das que nos parecen axeitadas para estas idades. Dos libros que escollemos hai varios niveis de complexidade, dende a sinxela adaptación do clásico de Andersen La reina de las nieves ata o mais longo Avós, pirañas e outras historias sobre as familias. Bo camiño, Valentiño é unha doada introdución no Camiño de Santiago e o coidado do mesmo. Para os que gocen da poesía, Mar de mazá é unha colección de fermosos textos de tema marítimo. Para escoitar e cantar temos Extra!  do noso querido Paco Nogueiras e o libro disco Cantos contos en cantos baseado en contos da editorial OQO. Poñemos un libro en inglés Who ate my fruit?  do recoñecido Canizales e o bilingüe Los números do Señor Bear para practicar o inglés, o castelán ou o idioma que queirades. De corte informativo escollemos o moi sinxelo Minino y la semilla mágica e o mais complexo Las metamorfosis que nos fala dos cambios no mundo animal e na natureza. Para rematar un par de xogos didácticos para pensar e empregar as mans. Poden xogar os nenos sos ou en compañía, que se pasa mellor.

Dende a biblioteca  desexámosvos as mellores festas posibles e que o ano novo veña cheo de esperanza e ledicia.



Ningún comentario:

Publicar un comentario