mércores, 9 de decembro de 2020

A CIENCIA NA ESCOLA INFANTIL


Novembro considérase o mes da ciencia dende as bibliotecas escolares.  Unha das principais finalidades da biblioteca escolar é dotar de recursos á comunidade educativa para mellorar os procesos de ensino e aprendizaxe.

A nosa biblioteca, grazas ás achegas económicas específicas do PLAMBE, pode garantir esa achega de recursos. Neste mes, nas aulas estanse a desenvolver proxectos de corte científico. Na aula de 5 anos andan investigando coa auga empregando libros, instrumentos de medida e materiais como a mesa de luz.





Na aula de 3 e 4 anos están a traballar o corpo humano e realizando experiencias con diversos materiais naturais e as cores.


Non deixedes de visitar os blogs das aulas para ver con detalle o desenvolvemento destes proxectos!


Ningún comentario:

Publicar un comentario