Facemos un pequeno resumo das actividades relacionadas coa conmemoración do día internacional da non violencia de xénero que se levaron a cabo na escola.
Dende a biblioteca fixemos unha escolla de títulos relacionados para o tratamento do tema nas aulas. Toda a escola fixo o acto simbólico de pasar pola porta violeta e pechala á violencia cunha chave que levaron para casa.
Tamén levaron de agasallo un caderno con adhesivos de “Os Bolechas xogan ás casiñas”
Por último recordar que o CIM do Concello de Arteixo agasallounos cunhas máscaras conmemorativas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario