domingo, 1 de novembro de 2020

SAMAÍN

Dende fai  un par de semanas temos unha exposición con libros para tratar emocións, e concretamente o medo, no corredor para uso das docentes nas aulas.


Entre todos e todas estivemos a decorar a escola. Como noutros anos solicitamos a colaboración das familias pedíndolles unha cabaza decorada. Como vedes na imaxe a resposta foi espectacular.


O venres pasado festexamos o Samaín na escola. Para facelo do xeito máis seguro posible planificamos obradoiros no patio cuberto. Primeiro saíron os nenos e nenas da aula mixta e cando remataron tocoulles a quenda aos maiores.  En cada aula temos catro grupos estables de convivencia que aproveitamos para os obradoiros. O toque de animación á lectura o deu a Meiga Noelia que contou “La cocina de la bruja”. A pesares das limitacións pola situación coidamos que as nenas e os nenos o pasaron xenial neste día diferente.







1 comentario: