venres, 23 de outubro de 2020

DÍA DA BIBLIOTECA

O 24 de outubro está sinalado no calendario como Día das Bibliotecas. Na escola estivemos a preguntarnos que é unha Biblioteca. O grupo de 5 anos o tiña bastante claro, os pequenos están aprendendo. Falamos da biblioteca que temos na escola e que cousas hai nela, tamén lembramos as visitas e actividades feitas no curso pasado.  De momento non podemos visitala, pero os seus materiais si que poden saír en préstamo. Bibliorrodís ten moitos libros pero tamén xogos, robots, tablets, paneis de luz, pizarras luminosas e moitos outros materiais que se levan para as aulas seguindo as normas de uso.

A bibliotecaria Meli presentou  catro contos sobre libros para votar cal ler. Nas dúas aulas escolleron o mesmo: "La biblioteca Nocturna".

A continuación fixemos unha actividade en papel na que había que pintar, recortar e pegar sobre a biblioteca e os seus materiais, que levaron para casa ao final da xornada.












Ningún comentario:

Publicar un comentario