venres, 15 de maio de 2020

RICARDO CARBALLO CALERO. LETRAS GALEGAS 2020

Primavera das letras

Este 2020 dedícaselle o día das letras galegas ao ferrolán Ricardo Carballo (Carvalho) Calero. Profesor, escritor, membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, foi tamén o primeiro catedrático de lingua e literatura galega da Universidade de Santiago.
Este ano hai una oferta variadísima de recursos didácticos elaborados por institucións, docentes e estudantes de primaria e secundaria para coñecer a vida e obra do homenaxeado... pero que non podemos empregar na escola. Estas nos serían moi válidas. Vos animamos a realizar algunha na casa.

Empezamos cun conto de Ricardo Carballo Calero: As pitas baixo a choiva. A versión que vos presentamos é una adaptación da historia, elaborada no CEIP Vilaverde-Mourente, moi doada de comprender.



A seguinte visita vai ser ao Seminario Galán onde ofertan actividades interactivas online e tamén para imprimir sobre a vida e obra do autor. As actividades están graduadas para as diversas idades dos nenos. Tamén as teñen con pictogramas.

http://seminariogalan.org/inicio/portada/documentos/

http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/

Velaquí un mini “escape room” creado pola docente Alba Carril do CPI de Vedra,  moi motivador e axeitado para o noso alumnado. Para entrar no xogo, coma nos casos anteriores, tedes que clickar no enlace baixo a ilustración e logo, xa na páxina, no altofalante para empezar.

https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentation-letras20

Sempre apetece darse unha volta pola fermosa páxina da Real Academia Galega Primavera das Letras. De aquí posiblemente escolleríamos algún debuxo para colorear e faríamos algunha das actividades con eles.
https://primaveradasletras.gal/
Para rematar vos informamos que Feiraco Lácteos S.L., coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca, con motivo das Letras Galegas 2020, a primeira edición do Certame Infantil de Artes Plásticas 2020, con unha categoría específica de 3 a 6 anos, por si queredes participar. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario