mércores, 27 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS DENDE O FOGAR


Estamos a gozar dun tempo primaveral marabilloso. Magoa que non podamos estar no fermoso patio da escola. Todo indica que co esforzo de todos estase a controlar o avance do coronavirus.  Seguide así para poder vernos pronto.

Co gallo das letras galegas vos propuxemos facer unha foto, debuxo ou vídeo con unha palabra galega que vos guste especialmente, como fixemos nos. Coas vosas aportacións realizamos unha montaxe similar a do equipo docente. Moitísimas grazas pola vosa participación.  Dádesnos moitos ánimos para continuar aquí e encántanos ver aos nenos e nenas. Velaquí o tedes:



Por outra banda  recibimos moitas aportacións das suxestións de actividades que recollemos en gran parte na seguinte montaxe. Sodes unhas campeonas e uns campeóns!!  



A mestra Yaiza, no blog da aula 4 as orellas de vilarrodís, insertou dous videos con contos en galego e castelán que todos podedes ver, e animou a realizar algo similar na casa. De momento sabemos que un alumno xa o fixo. Podedes ver os enlaces as entradas baixo as imaxes ou ben no enlace lateral do blog.


https://asorellasdevilarrodis.blogspot.com/2020/05/fotos-e-conto.html

Animade aos vosos fillos e fillas a contar contos, a fabular ou directamente a inventar e deixar voar a súa imaxinación. Na escola reservamos momentos con ese fin, para que manipulen libros, describan as imaxes, conten e compartan cos seus compañeiros e compañeiras, estimulen a súa curiosidade, falen en público e organicen a súa linguaxe.


Ningún comentario:

Publicar un comentario