mércores, 26 de febreiro de 2020

ENTROIDO 2020


O Entroido é unha das máis sinaladas festas populares tradicionais galegas, e hai unha grande variedade de celebracións na nosa xeografía. Na escola este curso recuperamos a tradición dos mandatos do Meco. Todas e todos seguimos os seus desexos a semana pasada acumulándoos día a día: algo na cabeza o luns, no corpo o martes, nos pes o mércores e na cara o xoves. Unha semana sen dúbida divertida e moi diferente que culminou o venres con desfile de disfraces, obradoiros e merenda conxunta.
Para os obradoiros mesturamos a todos os nenos e as nenas da escola en tres equipos : amarelo, verde e laranxa. Os equipos participaron por rotación en confección de antefaces, cociñado de rosquillas de entroido e xogos populares.

Velaquí algunhas fotos do evento


Se queredes saber máis sobre o entroido  deixámosvos este enlace a un caderno dos Bolechas con información, máscaras para imprimir e outras actividades.
https://osbolechas.gal/imaxes/Didacticos/entroido.pdf


luns, 17 de febreiro de 2020

XORNADAS DE PORTAS ABERTAS


Mañá pola tarde haberá unha pequena charla para aquelas familias que queiran escolarizar os seus fillos e fillas na escola para o vindeiro curso. Nesta charla se explicarán as principais liñas de actuación pedagóxica, se amosarán as instalacións e contestarán as preguntas que xurdan.

domingo, 9 de febreiro de 2020

DE AQUÍ PARA ALÁ

A nosa primeira saída de curso é para asistir a un concerto didáctico da artista Lydia Botana no Palacio de la Opera de A Coruña. Lydia e o seu equipo de músicos nos levaron de viaxe polo mundo acompañando a unha bolboreta na procura de cores e músicas. Tivemos ocasión de participar con percusión corporal, xestos, voz e baile. Unha mañá diferente e moi excitante para todos e todas.
Na biblioteca da Escola temos o libro con disco no que se basea a actuación.