venres, 31 de xaneiro de 2020

DÍA ESCOLAR DA PAZ


O día 30 de xaneiro celebramos o día escolar da Paz e a Non-violencia. Este tema está presente no día a día, pero especialmente nestas datas realizamos diversas actuacións específicas nas aulas. Na entrada colocamos unha  exposición de  libros de temática relacionada para o seu uso.


No propio día xuntámonos na biblioteca para escoitar un conto que apreciamos moito: “Elmer y los hipopótamos” que nos permite falar da resolución pacífica de conflitos. A continuación completamos un mural sobre o conto resgando, cortando e pegando pequenos anacos de papel coa técnica do collage.



Logo nos desprazamos á aula de usos múltiples onde fixemos xogos cooperativos co paracaídas cortesía da AMPA e comimos pombiñas de millo.


Agradecemos a todas as familias que aceptaron colaborar coas siluetas das mans dos nenos e das nenas. Como vedes quedan preciosas na entrada da escola todas xuntas.

Ningún comentario:

Publicar un comentario