mércores, 27 de maio de 2020

LETRAS GALEGAS DENDE O FOGAR


Estamos a gozar dun tempo primaveral marabilloso. Magoa que non podamos estar no fermoso patio da escola. Todo indica que co esforzo de todos estase a controlar o avance do coronavirus.  Seguide así para poder vernos pronto.

Co gallo das letras galegas vos propuxemos facer unha foto, debuxo ou vídeo con unha palabra galega que vos guste especialmente, como fixemos nos. Coas vosas aportacións realizamos unha montaxe similar a do equipo docente. Moitísimas grazas pola vosa participación.  Dádesnos moitos ánimos para continuar aquí e encántanos ver aos nenos e nenas. Velaquí o tedes:



Por outra banda  recibimos moitas aportacións das suxestións de actividades que recollemos en gran parte na seguinte montaxe. Sodes unhas campeonas e uns campeóns!!  



A mestra Yaiza, no blog da aula 4 as orellas de vilarrodís, insertou dous videos con contos en galego e castelán que todos podedes ver, e animou a realizar algo similar na casa. De momento sabemos que un alumno xa o fixo. Podedes ver os enlaces as entradas baixo as imaxes ou ben no enlace lateral do blog.


https://asorellasdevilarrodis.blogspot.com/2020/05/fotos-e-conto.html

Animade aos vosos fillos e fillas a contar contos, a fabular ou directamente a inventar e deixar voar a súa imaxinación. Na escola reservamos momentos con ese fin, para que manipulen libros, describan as imaxes, conten e compartan cos seus compañeiros e compañeiras, estimulen a súa curiosidade, falen en público e organicen a súa linguaxe.


venres, 22 de maio de 2020

NORA E OS SEUS AMIGOS

Bo día a todos e todas. Esperamos e desexamos que todo siga ben no voso entorno.

Seguimos a recibir as vosas fotos coa palabra favorita en galego e os traballiños das Letras Galegas. Pronto subiremos unha montaxe con ese material.

Nora e Laura enviáronnos outro vídeo para compartir con vos. Xa sabedes canto nos gusta ter novas súas. Igual que as mestras, elas tamén botan de menos a escola e as nenas e os nenos. Nora vainos presentar aos seus amigos. Sabemos que moitos de vos tedes cans e cadelas e probablemente xoguen con outros animais.

Vos deixamos unha folla para debuxar a Nora e aos seus amigos. Podedes tamén debuxar aos vosos cans e a vos mesmos si queredes. A folla podédela imprimir ou facer o debuxo nun folio branco. 





martes, 19 de maio de 2020

DESCONFINANDO PALABRAS

Co gallo da celebración das Letras Galegas confinadas varios centros recuperamos a proposta de elixir unha palabra que nos pareza fermosa e facer unha foto, debuxo ou vídeo con ela. O equipo docente da escola adhírese á iniciativa e aquí tedes a montaxe que fixemos con fotos. 
Vos animades a participar? Esperamos as vosas palabras no correo electrónico da biblioteca: vilarrodis@gmail.com ou en calquera dos outros correos da escola.


luns, 18 de maio de 2020

DÍA DOS MUSEOS

Hoxe celebramos o día dos museos. A maioría deles están pechados estes días pero ofertánnos moitas actividades para realizar na casa. Aquí vos deixamos unha pequena selección de propostas diversas de varios tipos de museos para as familias. Os museos son institucións moi valiosas para comprender o noso mundo, divulgando as artes e as ciencias.

Na páxina dos museos de Galicia podemos facer visitas virtuais a algún deles. Se vos gustan pronto poderedes visitalos fisícamente.

https://museos.xunta.gal/gl/visitas-3d-museos

Os principais museos de España e doutros estados teñen tamén visitas virtuais para coñecer as instalacións e coleccións que albergan. 

A maiores moitos deles ofertan xogos, páxinas para colorear e informacións para os nenos. Velaquí algunhas que podedes facer cos vosos fillos e fillas.


O museo do Prado de Madrid propón un xogo para atopar diversas personaxes nunha gran ilustración.
https://www.museodelprado.es/recurso/dim2020-museos-para-la-igualdad-diversidad-e/1ab89742-94a2-4aef-95f7-7048b9577784#multimedia

O estadounidese Smithsonian proponnos entre outros estes puzzles online.

https://invention.si.edu/puzzle-blocks

Na web da Tate Gallery de Londres podemos xogar a pintar e compoñer collage.
https://www.tate.org.uk/kids/games-quizzes/tate-paint

O Museo de Historia Natural de Londres ten na Galería de Dinosauros unha das súas seccións estrela. Se tedes impresora e paciencia para o origame, podedes construir este dinosauro. E se non sempre podedes botarlle un vistazo a outras suxerencias.
https://www.nhm.ac.uk/take-part/try-this-at-home.html


Dende Amsterdam o museo Van Gogh oferta varias posibilidades. Quedámonos con este vídeo (en inglés) Se vos gusta hai máis.



venres, 15 de maio de 2020

RICARDO CARBALLO CALERO. LETRAS GALEGAS 2020

Primavera das letras

Este 2020 dedícaselle o día das letras galegas ao ferrolán Ricardo Carballo (Carvalho) Calero. Profesor, escritor, membro do Seminario de Estudos Galegos, da Real Academia Galega, foi tamén o primeiro catedrático de lingua e literatura galega da Universidade de Santiago.
Este ano hai una oferta variadísima de recursos didácticos elaborados por institucións, docentes e estudantes de primaria e secundaria para coñecer a vida e obra do homenaxeado... pero que non podemos empregar na escola. Estas nos serían moi válidas. Vos animamos a realizar algunha na casa.

Empezamos cun conto de Ricardo Carballo Calero: As pitas baixo a choiva. A versión que vos presentamos é una adaptación da historia, elaborada no CEIP Vilaverde-Mourente, moi doada de comprender.



A seguinte visita vai ser ao Seminario Galán onde ofertan actividades interactivas online e tamén para imprimir sobre a vida e obra do autor. As actividades están graduadas para as diversas idades dos nenos. Tamén as teñen con pictogramas.

http://seminariogalan.org/inicio/portada/documentos/

http://seminariogalan.org/inicio/portada/actividades/

Velaquí un mini “escape room” creado pola docente Alba Carril do CPI de Vedra,  moi motivador e axeitado para o noso alumnado. Para entrar no xogo, coma nos casos anteriores, tedes que clickar no enlace baixo a ilustración e logo, xa na páxina, no altofalante para empezar.

https://view.genial.ly/5eb042186f16bf0d194d52c8/presentation-letras20

Sempre apetece darse unha volta pola fermosa páxina da Real Academia Galega Primavera das Letras. De aquí posiblemente escolleríamos algún debuxo para colorear e faríamos algunha das actividades con eles.
https://primaveradasletras.gal/
Para rematar vos informamos que Feiraco Lácteos S.L., coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, convoca, con motivo das Letras Galegas 2020, a primeira edición do Certame Infantil de Artes Plásticas 2020, con unha categoría específica de 3 a 6 anos, por si queredes participar. 

DÍA DA FAMILIA

Hoxe, como vos dicíamos onte, festexamos o día da familia. Todos sabemos a importancia das familias na nosa vida, pero nestes tempos sodes e somos fundamentais. Aquí tedes algúns contos sobre familias. Podedes animar aos nenos e nenas a debuxar a súa propia ou inspirarse en Marc Taeger ou Todd Parr.











xoves, 14 de maio de 2020

A BIBLIOTECA DENDE CASA

Benqueridas familias
Como nos recorda Mariceli no blog dos pequechos, mañá 15 de maio é o día da familia. Na escola sempre celebramos este día porque nos parece moi axeitado ás realidades sociais actuais.
Hoxe imos recoller a participación que recibimos dende as familias da proposta do día da terra e do día do libro confinado. Moitas grazas pola participación, familias!!! Os vosos fillos e fillas e vos sodes a noso grande estímulo e inspiración.




Por outra banda estamos en tempo de celebración das Letras Galegas, así que pronto colgaremos moitas ideas para este tempo, pero imos empezar cunha recomendación de contacontos que nos fixo a nai dun dos nosos nenos e que nos parece estupenda para todos.



xoves, 7 de maio de 2020

WEB DO CENTRO

Bo día a todas e todos,

A dirección está traballando na creación da páxina web do centro. Dadas as circunstancias a poñemos en circulación aínda que queda traballo por diante.  

Como sabedes, as noticias e instrucións van aparecendo e modificándose continuamente. Acaba de saír publicado o novo prazo de presentación de solicitudes de matrícula e é inminente. 

Si  tedes coñecidos que queren matricular o seu fillo ou filla na escola agradecemos que lle deades difusión. O enlace está baixo a imaxe e tamén podedes ir directamente premendo na foto do patio da escola que hai no lateral dereito deste blog.

Gracias de antemán e moita saúde

https://www.edu.xunta.gal//centros/eeivilarrodis/node/15

xoves, 23 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO CONFINADO



Festexamos hoxe o día do libro dun xeito moi diferente ao que tiñamos programado.


RETO: AUTORRETRATO CON LIBRO

Dende a biblioteca animamos ao equipo docente da escola a facer un autorretrato con libro e propoñervos, familias, facer unha foto similar para elaborar unha montaxe e vernos as caras. Animádeos, tamén vale para pais, nais, irmáns…
Aquí está o noso con saúdos para todos e todas.



O LIBRO DE NORA

O outro día vos amosamos un vídeo de Nora na casa. Hoxe Laura e Nora cóntannos a vida de Nora nun libro. Quizás algún de vos teña un libro similar.

O programa “Perros y Letras” ofértase a todo o alumnado da escola durante todo este curso 2019-20. Está financiado na súa totalidade pola obra social de Caixabank e empezou a prepararse no curso pasado. En principio o programa estaba enfocado a nenos e nenas con necesidades especiais, pero foi adaptado para que todos e todas puideran gozar desta oportunidade única gracias a sensibilidade de Laura, ao permiso do Programa e a planificación conxunta co claustro.

Os obxectivos principais deste programa son traballar de forma integral a motivación pola lectura xunto con valores,  fomentando relacións afectuosas e respectuosas cos animais (un animal non é un xoguete), o control das emocións e a autonomía dos nenos e as nenas.

https://www.perrosyletras.com/

Nora ten reservada a Aula Creativa todos os xoves pola mañá. Planificouse traballo específico coas titoras para que no primeiro trimestre o alumnado fora collendo autonomía á hora de achegarse a cadela e a Laura, ademais da sesión en si. No segundo trimestre xa ían elas dúas soas a buscar aos nenos ás aulas e estes encargábase de levar a Nora de volta e despois da sesión acompañala a facer o relevo cos outros nenos.

Podedes ver fotos do grupo de 5 anos no blog dos pequechos.

Agradecemos infinito a Laura o seu esforzo por realizar estes vídeos para non perder completamente o contacto na actual situación. 



Por último vos remitimos ao publicado o día 2 no que se refire a libros online, programas e outros recursos, así como ao blog da Asesoría de Bibliotecas da Consellería. 

Lembrade que sempre tedes abertas vías de contacto para solicitar materiais específicos e consultar dúbidas. 

Saúdos e saúde.

mércores, 22 de abril de 2020

DÍA DA TERRA





Hoxe cumprense 50 anos dende que se empezou a celebrar o día internacional da Terra, auspiciado pola ONU, coa finalidade de protexer a nosa casa: a Terra.
Reunimos algúns recursos para facer este día cos nenos. Visualizar un vídeo da NASA, xogar a polinizar flores cunha abella (Google), colorear un debuxo online ou baixarse algunha das propostas de colorear que atopamos na rede.

Calquera acción de reducir o consumo en xeral, e de plásticos en particular, reciclaxe, reutilización… axuda neste día e en todos os outros. Na escola estivemos traballando durante o curso neste senso.




https://www.google.com/doodles/earth-day-2020?hl=es
Podedes acceder ao xogo de google entrando co voso navegador na súa páxina ou clicando no enlace baixo o debuxo.




https://www.oncoloring.com/earth-day-happy-planet-coloring-page_5422.html
Este debuxo pode colorearse online co rato do ordenador ou o dedo nunha tablet dun xeito sinxelo entrando no enlace baixo o mesmo. Os de debaixo podedes imprimilos e colorear. 




sábado, 18 de abril de 2020

PROPOSTAS LITERARIAS + ARTE E POESÍA DENDE CASA















Non vos perdades as propostas relacionadas con libros que vos ofertan Mariceli e Yaiza dende os blogs das aulas . Aínda que os vosos fillos ou fillas non estean nesa aula os contos son válidos para todos e todas. Yaiza conta “el cocodrilo al que no le gustaba el agua” de Gemma Merino e outro clásico da literatura infantil contemporánea “Frederick” de Leo Lionni.

Frederick nos introduce na importancia da poesía, e no blog dos pequechos, Mariceli propón unha poesía da inesquecible Gloria Fuertes “Mi abuela Mariana”, nun pequeno vídeo.


Por outra banda queremos amosar algúns dos traballos que estades a facer na casa relacionados coas propostas de poesía e arte que vos lanzamos anteriormente. Grazas familias !!!




martes, 14 de abril de 2020

AUDICIÓN E LINGUAXE

Dámoslle a benvida ao novo blog da mestra Noelia de Audición e Linguaxe onde xa están colgadas algunhas propostas moi interesantes para facer na casa. Non deixedes de visitala.
https://currunchodeal.blogspot.com/
En ocasións anteriores temos falado moito da importancia da linguaxe no desenvolvemento educativo posto que é a linguaxe a que nos pon en contacto cos demáis e co mundo (sexa oral, escrita, de signos, etc). A primeira que debemos impulsar, sempre que sexa posible, é a linguaxe oral como base de calquera outra. A presenza de especialistas de Audición e Linguaxe (AL) nos centros educativos é moi necesaria.

xoves, 9 de abril de 2020

PERROS Y LETRAS DENDE CASA

Benqueridas nenas e benqueridos nenos,

Traemos hoxe unha mensaxe moi especial. Como estamos todos na casa nos acordamos moito uns dos outros. Nora e Laura tamén están na súa casa e tampouco poden ir a escola. Quixeron enviarnos un saúdo e dicirnos que elas están ben. Aquí tedes o vídeo. Esperamos que vos guste.


luns, 6 de abril de 2020

ARTE E POESÍA DENDE CASA



Seguimos a recibir con gran ilusión novas dende as casas. Encántannos estas fermosas obras de arte de Samuele e Samuel. Tamén amosamos o traballo do día da poesía. Moitas grazas, familias, por compartir. 


xoves, 2 de abril de 2020

DÍA DO LIBRO INFANTIL E DA CONCIENCIACIÓN DO AUTISMO

Hoxe, 2 de abril, é o día internacional do libro infantil e xuvenil, e tamén o día de Concienciación do Autismo.


Habería moitas cousas que dicir e contar sobre a importancia do libro infantil, e a cantidade de actividades que estes días podemos atopar na rede ao respecto,  pero o que imos facer e deixarvos aquí enlaces a libros e actividades de contacontos varias para este día e os que virán.

Consultade as propostas dos outros blogues da escola: no de inglés Meli nos conta  "The very hungry caterpillar", no de 5 anos céntrase no autismo e o de 4 anos nos sirve de introdución ao que imos expoñer aquí.
Tamén no blog da Asesoría de Bibliotecas Escolares de Galicia (o cadriño laranxa do lateral) atoparedes múltiples recursos.

Empezamos co Salón do libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra, iniciativa moi potente que viuse este ano truncada pola crise. O lado positivo é que nos deixa o marabilloso salón virtual con contacontos, bailes, música, manualidades…. de autores algúns xa coñecidos polos nosos nenos e nenas como son Pakolas, Soledad Felloza, Anxo Moure….  Aquí hai material para pasar tempo e tempo.
https://www.salondolibro.gal/salon-virtual/







O outro día falabamos de Kalandraka e os seus contos. Hoxe imos falar de Baía Edicións, que é outra interesante editorial galega. Baía, nestas circunstancias, permítenos acceder dende a casa a algúns dos libros do seu catálogo. Aquí vos deixamos os enlaces para ir.

https://baiaedicions.gal/editorial/baia-edicions-con-vos-na-casa/

https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/pdfs/Confinamento/NubeBranca_PabloNogueira_Uhia_BaiaEdicions.pdf
https://baiaedicions.gal/editorial/wp-content/uploads/pdfs/Confinamento/ODragonComemedo_RuAn_BaiaEdicions.pdf

Olga de Dios é unha autora que tamén nos deixa ver varios dos seus traballos e debuxos para colorear aquí:

https://olgadedios.es/wp-content/uploads/2016/01/EnFamilia_OlgadeDios_cc.pdf
Quizais o seu libro mais coñecido sexa Monstro Rosa, que temos na biblioteca. Aquí encontraredes unha adaptación en pictogramas da historia:

https://olgadedios.es/descargas/monstruorosa_pict.pdf

Este último conto nos remite ao día de concienciación do Autismo. O TEA (trastorno de espectro autista) é unha condición que teñen algunhas persoas que afecta en moi diversos grados fundamentalmente á linguaxe e a socialización. 

Entre as medidas a tomar para que un neno ou nena autistas entendan mellor o mundo e sexan quen de comunicarse está o emprego de fotografías e imaxes. Ter unhas rutinas marcadas é outra  das principais medidas para que eles  e as súas familias teñan unha boa calidade de desenvolvemento e de vida . Nestes días eles son dos poucos que teñen permiso para saír da casa esperando paliar en parte o seu desconcerto e previr conductas inaxustadas. Se en calquera neno saír da casa é importante, nestes casos é case vital e temos que ser comprensivos.

No lateral do blog tedes enlaces a Aprendices visuais e a Pictocuentos onde hai materiais para ler con todos os nosos nenos e nenas pero que son pensados específicamente para TEA.

Neste video que nos recomenda Noelia, a mestra de AL, podemos ver como poden comportarse algúns casos de autismo e que podemos facer nos.



Bo día e boas lecturas!

mércores, 1 de abril de 2020

DÍA DAS ARTES GALEGAS



Hoxe celebramos o día das Artes Galegas, que a Real Academia de Belas Artes adica este ano ao arquitecto Domingo de Andrade que viviu entre os séculos XVII e XVIII e que realizou diversas obras en Santiago de Compostela, sendo quizais a mais coñecida a Torre do reloxo da Catedral compostelá.

http://www.academiagallegabellasartes.org/noticias.asp?idNoticia=653&tipo=1

As artes son innatas nos seres humanos e dende nenos podemos elaborar obras de arte. Temos que poñer en valor os debuxos e manualidades dos pequenos e pequenas porque son en sí obras de arte únicas que poden ser moi fermosas para eles e para os demáis.
Propoñemosvos pedirlles aos vosos fillos e fillas que realicen o debuxo o manualidade dunha casa ou construción, que coloreen unha ou a constrúan con recortes de revistas a modo de puzzle.
Si vos animades enviádea ó correo electrónico:  vilarrodis@gmail.com



martes, 31 de marzo de 2020

A POESÍA EN CASA

Bo día a todas e todos!

Estamos moi contentas porque empezamos a recibir fotos de tarefas e actividades que realizades na casa. Fainos moita ilusión saber que estades aí e que estades ben. Mirade que cousas fermosas fixeron Xiana e Daniela coa proposta do día da poesía! Noraboa!

Animádevos a enviarnos imaxes das actividades que facedes na casa! 

Apertas virtuais e moita saúde



venres, 27 de marzo de 2020

BLOG DE INGLÉS

Inauguramos  outro blog da escola. Trátase dun blog da mestra de inglés, Meli. Animádevos a botarlle un ollo.
https://vilarrodisenglish.blogspot.com//

mércores, 25 de marzo de 2020

KALANDRAKA

Son moitos os espazos culturais que están tentando ofertar un pouco de acougo cultural estes días. Unha delas é a editora Kalandraka, especializada en literatura infantil. Hoxe vos traemos uns enlaces a Kalandraka TV, onde podedes ver algúns dos seus libros contados en castelán e en galego.

A editorial Kalandraka iniciouse no ano 1998 como o proxecto dun pequeno grupo de persoas relacionadas co ensino  e o teatro infantil, observando a pouca oferta de libros ilustrados en galego nese momento.

Hoxe en día Kalandraka publica nas catro linguas do estado Español e máis no portugués, o italiano e o inglés. A editorial en si e varios dos seus títulos en particular teñen colleitado numerosos premios, sendo o Premio Nacional a la Mejor Labor Editorial en 2012 un dos mais importantes.

Kalandraka edita orixinais, adapta clásicos e recupera libros ilustrados da literatura infantil de autores de todo o mundo como  Tommi Ungerer, Leo Lionni o Arnold Lobel, por exemplo.

En Bibliorrodís temos unha boa escolma de títulos desta editorial.

Premede no link debaixo da foto para ir a páxina de Kalandraka TV e disfrutar dos contos contados.

http://www.kalandraka.tv/gl/seccion2.php?id=33&pagina=4#PD_Xos%20Ballesteros%20-%20El%20pequeo%20conejo%20blanco

http://www.kalandraka.tv/es/index.php


Se queredes saber máis da editorial:


Saúdos e saúde

luns, 23 de marzo de 2020

POESÍA



O pasado venres 20 comezou a primavera, e o sábado foi o día Internacional da Poesía.
Ante esta situación vos propoñemos lerlles aos nenos e as nenas unha poesía e realizar algunha actividade manual a partir dela.

Escollemos unha poesía en castelán de Gloria Fuertes e unha en galego de Xoán Babarro. Todo é adaptable á situación e a idade dos nenos. SEMPRE VAN PRECISAR AXUDA OU GUÍA.

O grupo de 3 anos espérase que poidan escoitar, repetir algún verso e colorear un debuxo intentando non saírse dos marxes  (pero non perfecto). Tamén poden xogar a pegar papeis de cores dentro dun debuxo.
O grupo de 4 anos espérase o mesmo que o de 3 pero poden empezar a realizar debuxos libres significativos moi sinxelos ou formar un con trozos de papeis (por exemplo unha flor con AXUDA). Poden , a maioría, escribir o seu nome.
O grupo de 5 anos xa pode trazar letras e palabras, as veces con axuda, outras mais autonomamente.
Vos poñemos unas ideas que os  adultos podedes facer con eles:

  • Imprimir algunha das imaxes de abaixo si tedes impresora na casa e darllelas aos nenos con instrucións
  • Escribir vos mesmos nunha folla calquera de papel  xunto ao neno /a a poesía ou un anaco dicíndoa en voz alta e pedirlle que faga un debuxo. Si  recoñece as vogais podedes pedir que sinalen por cores ou co dedo o A (E, I…), si xa escribe ou le un pouco que recoñeza, lea e/ou escriba palabras sinxelas.
  • Facer un debuxo sinxelo para que o neno ou nena coloree.
  • Gravarvos lendo a poesía que mais vos guste.
  • Realizar unha manualidade con papeis de cores ou o que teñades a man relacionada coa poesía.
  • Contarlle unha poesía que coñezades
  • Calquera outra que se vos ocurra




PARA COMPLETAR. GRUPO 5 ANOS

PARA COMPLETAR. GRUPO 5 ANOS



Si finalmente realizades algunha acción por favor compartídea con nos. Enviade foto, audio, imaxe, gravación ou o que queirades ao correo de bibliorrodis: vilarrodis@gmail.com


Aínda que pensedes que non é gran cousa para os vosos fillos e fillas  sí o é e tentaremos (si queredes) publicalo aquí mesmo.


Saúdos e saúde para todas e todos