venres, 20 de decembro de 2019

LECTURAS PARA O NADAL

Chegamos a estas datas cheas de ilusión e agasallos, sobre todo para os nosos pequenos e pequenas. Dende a biblioteca gústanos ir polas librerías a ver novidades e facer unha selección de algúns títulos que nos parecen axeitados para este rango de idade. Hai moitos máis, e por suposto excelentes libros que xa levan un tempo  no mercado.
Tamén queremos lembrar aquí as suxestións cara os xoguetes en igualdade.


Nas recomendacións lectoras que vos amosamos hai un pouco de todo. Seleccionamos un libro sinxelo de contar en inglés con sons, un libro- xogo con pezas para manipular de animais: ¡Sube, ratoncito!; , Un volume con sons da natureza: En el bosque; Un conto sobre a influenza da orde ou a desorde na nosa vida: La magia de la amistad; Un clásico entre os clásicos da literatura infantil é a historia da eiruguiña comellona que este ano edita Kókinos en galego ; Unha historia  que fala do enfado, o rexeitamento e o poder da amizade e os aloumiños: Pápote a bicos; Neste momento de preocupación pola nosa casa, a Terra, temos Rescate Planeta  para conversar cos nenos e as nenas dun xeito sinxelo sobre o que podemos facer nós e tamén hai un libro con cd de cancións de vocación medioambiental: A fraga do meu avó. Para os que xa son un pouco maiorciños escollemos un libro ilustrado sobre as diversas formas de ver o mundo, empezando por unha nena a quen lle encantan as matemáticas: Conta comigo; Unha historia sobre a diferenza e as familias é o fondo de O neno peixe; Un libro con pictogramas: A verdadeira historia de Carrapuchiña Vermella, especialmente recomendado para nenos e nenas con dificultades de comunicación e un fermoso libro informativo sobre a auga con despregables.
Durante as vacacións nas bibliotecas municipais atoparedes moitísimos  libros e materiais para ollar in situ ou para levar a casa en préstamo.




FELICES FESTAS!


1 comentario:

  1. Gracias por estas recomendacións! Seguro que tomamos boa nota! Unha gran aperta!

    ResponderEliminar