venres, 17 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019





Estamos de celebración!  Hoxe,  na festa das letras galegas,  lembramos a vida, obra e traballo de Antonio Fraguas, un home que fixo un gran traballo a prol da lingua e a cultura propias de Galicia, recompilando textos orais tradicionais, participando na creación do Museo do Pobo Galego, do que foi director e presidente, e sendo un estudioso da historia galega, entre outras tarefas.

Na escola estamos a facer algúns traballiños aproveitando materiais fantásticos creados pola Real Academia Galega a través da súa estupenda páxina web Primavera das Letras e da páxina do Seminario Galán. Tamén creamos algúns propios como a carauta dunha  vaca cun dos textos recompilados por Antonio Fraguas, coloreada polo alumnado e que nos dará xogo para unha actividade posterior. 






A tradicional selección de libros en galego da nosa biblioteca está instalada no corredor da escola para que as nenas, nenos e mestras da escola os manexen e lean. O cartel está realizado con debuxos da páxina  Primavera das Letras da RAG. e  imaxes de Antonio Fraguas.
Aquí vos deixamos enlaces das páxinas mencionadas por si queredes ampliar información ou facer algúns dos xogos ou materiais na casa.



 


Ningún comentario:

Publicar un comentario