xoves, 25 de abril de 2019

CONTOS EN LINGUAXE DE SIGNOS














Hoxe visitáronnos Emma e Sara da Asociación de Persoas Xordas para ensinarnos como se comunican as persoas que non poden oír. Contáronnos  dous contos empregando linguaxe de signos “O lobo volveu” e “Unha casa diferente”  e  practicamos como  comunicar as ideas “caperucita”, “lobo”, "cerdo", "cabra", “crocodilo” e “xirafa”. Os nenos e as nenas estiveron moi atentos as imaxes e aos xestos e participaron activamente na proposta.





mércores, 10 de abril de 2019

VISITAMOS A BIBLIOTECA DO FROXEL

Todos os anos, chegado o mes de abril, as bibliotecas municipais de Arteixo convídannos a unha sesión de contacontos para toda a escola. Onte collemos o autobús para achegarnos a biblioteca do Froxel onde nos agardaba Caxoto para contarnos varias historias. En dúas sesións Caxoto nos falou de Paco, o rato que pensaba que a lúa era de queixo, de contos da súa avoa e da disputa dos animais para ver quen merecía ser o rei.
Recordarvos que as bibliotecas municipais teñen unha programación interesante de animación á lectura e moitos libros e dvds para prestarvos de balde.  Animádevos a visitalas cos vosos fillos e fillas.





martes, 9 de abril de 2019

TEATRO EN INGLÉS

O pasado mércores asistimos no Forum Metropolitano de A Coruña á representación teatral da adaptación da obra The Jungle Book (O Libro da Selva) en inglés. Esta saída enmárcase no proxecto Plurinfantil de ensino da lingua inglesa na escola. Nas datas anteriores á visita preparamos nas aulas a linguaxe, as cancións e a historia necesarias para sacar o máximo proveito da experiencia. Os nenos e as nenas gozaron da posta en escena e mesmo participaron cantando e algúns subindo ao escenario.




domingo, 7 de abril de 2019

FESTA DO LIBRO 2019

Este curso adiantamos a celebración da festa do libro ao último día lectivo de marzo. Nesta función expoñemos un traballo que se fai nas aulas como parte das aprendizaxes curriculares propias do plan de estudos de educación infantil. Houbo dramatizacións, recitado e cancións nas tres linguas que se empregan na escola: Galego, Castelán e Inglés.
Agradecemos a presencia dos numerosos familiares que se achegaron a escola para ver as actuacións e compartir un rato de charla e café.
Vos deixamos unha montaxe de fotos do evento e parte da preparación e tamén vídeos con unha selección de  fragmentos das diversas actuacións.