venres, 20 de decembro de 2019

LECTURAS PARA O NADAL

Chegamos a estas datas cheas de ilusión e agasallos, sobre todo para os nosos pequenos e pequenas. Dende a biblioteca gústanos ir polas librerías a ver novidades e facer unha selección de algúns títulos que nos parecen axeitados para este rango de idade. Hai moitos máis, e por suposto excelentes libros que xa levan un tempo  no mercado.
Tamén queremos lembrar aquí as suxestións cara os xoguetes en igualdade.


Nas recomendacións lectoras que vos amosamos hai un pouco de todo. Seleccionamos un libro sinxelo de contar en inglés con sons, un libro- xogo con pezas para manipular de animais: ¡Sube, ratoncito!; , Un volume con sons da natureza: En el bosque; Un conto sobre a influenza da orde ou a desorde na nosa vida: La magia de la amistad; Un clásico entre os clásicos da literatura infantil é a historia da eiruguiña comellona que este ano edita Kókinos en galego ; Unha historia  que fala do enfado, o rexeitamento e o poder da amizade e os aloumiños: Pápote a bicos; Neste momento de preocupación pola nosa casa, a Terra, temos Rescate Planeta  para conversar cos nenos e as nenas dun xeito sinxelo sobre o que podemos facer nós e tamén hai un libro con cd de cancións de vocación medioambiental: A fraga do meu avó. Para os que xa son un pouco maiorciños escollemos un libro ilustrado sobre as diversas formas de ver o mundo, empezando por unha nena a quen lle encantan as matemáticas: Conta comigo; Unha historia sobre a diferenza e as familias é o fondo de O neno peixe; Un libro con pictogramas: A verdadeira historia de Carrapuchiña Vermella, especialmente recomendado para nenos e nenas con dificultades de comunicación e un fermoso libro informativo sobre a auga con despregables.
Durante as vacacións nas bibliotecas municipais atoparedes moitísimos  libros e materiais para ollar in situ ou para levar a casa en préstamo.




FELICES FESTAS!


xoves, 19 de decembro de 2019

RADIO BULE BULE

Despedindo o trimestre recibimos a visita de Paco Nogueiras que nos animou coa súa emisión de Radio Bule Bule. Paco é un recoñecido artista galego cunha longa traxectoria e do que temos na nosa biblioteca  dous libro- CD con cancións para todos os públicos.






Velaquí unhas imaxes do evento.



mércores, 4 de decembro de 2019

MONICREQUES: UNHA ARMADURA CON FERRUXE


Rematando coas diversas tarefas e actividades sobre igualdade que estivemos a desenvolver na escola , recibimos na nosa biblioteca este martes á compañía Títeres Cascanueces que representou o espectáculo Unha armadura con ferruxe. O resumo do argumento é que un cabaleiro leva tanto tempo guerreando que non é quen de quitar a súa armadura e a súa familia xa non o recoñece. Terán que conseguir que o cabaleiro deixe a guerra e se quite a armadura para compartir unha vida feliz todos xuntos.  
As nenas e os nenos  (e as mestras) gozaron cun espectáculo moi axeitado para estas idades e levado a cabo dun xeito profesional impecable.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a slideshow design with Smilebox

luns, 25 de novembro de 2019

DÍA DA NON VIOLENCIA DE XÉNERO



Dentro do calendario escolar figura o tratamento do Día Internacional contra a Violencia de Xénero. Na escola, dada a idade do noso alumnado, o enfoque e de traballar a igualdade entre nenos e nenas e a prevención da violencia a través da tolerancia e o respecto. Gracias a colaboración do CIM de Arteixo puidemos contar coa visita de Soledad Felloza, autora de varios libros e contacontos profesional. Esta colaboración co CIM nos permite contar con outros materiais para este fin.
Levamos un par de semanas realizando distintas tarefas e dende a biblioteca fixemos unha escolla de contos relacionados coa temática de igualdade que puxemos no moble do corredor para uso dentro das aulas.


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own free slideshow with Smilebox

xoves, 14 de novembro de 2019

PROGRAMA PERROS Y LETRAS

Durante o curso pasado coñecemos un programa de estimulación das aprendizaxes con cans, e especialmente de aprendizaxe da lingua oral e escrita e empezamos os trámites para ofrecela na nosa escola. Para a súa financiación Caixabank, a través da súa obra social, asumiu o coste completo.

A semana pasada arrancamos a experiencia coa presentación a cada grupo de Nora, a cadela e a súa coidadora Laura. Esta semana empezamos coa atención individualizada.

Estamos moi ilusionados todos e todas con este proxecto.





luns, 11 de novembro de 2019

MOCHILAS VIAXEIRAS

Xa comezado o préstamo semanal, hoxe retomamos o servizo de mochilas viaxeiras. Por quendas cada neno ou nena levará unha mochila con varios materiais que poderá estar na casa ata un máximo de 15 días.
Este servizo está enmarcado no noso plan de biblioteca dentro do PLAMBE e do plan LÍA da Consellería de Educación.
O que se pretende é que compartades uns momentos en familia lendo contos, xogando ou realizando algunha actividade sinxela. Esperamos que os contidos sexan do voso agrado. Inclúen unha tarxeta por si tedes algunha suxestión.


domingo, 10 de novembro de 2019

SAMAÍN




Festexamos o Samaín solicitando ás familias colaboración para facer na casa, cos nenos e as nenas, unha cabaza decorada para expoñer na escola. Durante uns días realizamos diversas tarefas nas aulas relacionadas coa temática. O día 30 xuntámonos na biblioteca para ver e escoitar un conto “monstruoso” narrado pola meiga Noelia. Todos xuntos coloreamos un colgante para levar a casa. O pasamos de medo!

luns, 17 de xuño de 2019

LIBROS PARA O VERÁN

Nos últimos anos hai unha grande oferta de libros e materiais para a infancia que nos permiten tratar case calquera tema cos nenos dun xeito visual e sinxelo. Nesta selección presentamos algúns textos que nos confirman que todos somos diferentes e que na axeitada xestión desa diferencia está a capacidade de superación e desenvolvemento da raza humana. Diso nos fala A meniña furacán e o meniño esponxa, e dun xeito delicado como dous persoas do mesmo sexo poden namorarse en O granxeiro e o veterinario. Máis lúdica é a cooperación entre animais de Coidado coa charca!  Temos a tenrura do trato con papá en Cinco minutiños máis e unha aventura en Ratos de viaxe, cun texto en verso e ilustracións cheas de detalles coas que ampliar vocabulario. Para os máis pequenos escollemos Xogando con dinosauros con sucos para seguir cos dediños. Pinta con los dedos en el mar é unha proposta para interactuar co adulto ou un familiar de máis idade  que guíe a pegada do neno ou nena e debuxe os detalles.
Incluímos un cómic que nos fala dun peixe creativo: Pez Globo se transforma, Un libro con CD de música Paio e o poder da música, dous libros moi sinxelos con texto en inglés Pete el gato and his four groovy buttons e Why the face?. Como libro de corte informativo propoñemos ¡Buenos días ranita!, que nos conta o ciclo biolóxico das rás.
Como vos dixemos arriba hai abundancia de oferta nas librarías para todos os gustos. Animamosvos  a compartir ratos de ocio cos vosos nenos e nenas nas vacacións visitando unha libraría ou unha biblioteca.
Coma sempre lembrade que o concello de Arteixo dispón de cinco bibliotecas nas que podedes atopar materiais e asesoramento.

sábado, 25 de maio de 2019

XORNADA INTERCULTURAL

Un curso mais participamos da Xornada Intercultural do Concello a través da Concellaría de Servizos Sociais. O pasado xoves recibimos a Nora que trouxo consigo a  Igor e Marta, psicólogos  do Proxecto T-empathy  que nos ofertaron unha charla apoiada nun vídeo sobre a diversidade humana a través de moi diferentes culturas e a alimentación. A continuación os nenos colorearon un debuxo de froitas.





mércores, 22 de maio de 2019

SAÍDA AO MUSEO DE BELAS ARTES

O pasado xoves fixemos unha saída ao Museo de Belas Artes de A Coruña. Esta actividade estaba programada dende o inicio de curso e relacionada co día dos museos (18 de maio).
No museo faláronnos do mar de Galicia a través de pintores como Urbano Lugrís e Luís Seoane. Cuns materiais que nos proporcionaron no museo elaboramos uns caderniños ben xeitosos. 


 

venres, 17 de maio de 2019

LETRAS GALEGAS 2019





Estamos de celebración!  Hoxe,  na festa das letras galegas,  lembramos a vida, obra e traballo de Antonio Fraguas, un home que fixo un gran traballo a prol da lingua e a cultura propias de Galicia, recompilando textos orais tradicionais, participando na creación do Museo do Pobo Galego, do que foi director e presidente, e sendo un estudioso da historia galega, entre outras tarefas.

Na escola estamos a facer algúns traballiños aproveitando materiais fantásticos creados pola Real Academia Galega a través da súa estupenda páxina web Primavera das Letras e da páxina do Seminario Galán. Tamén creamos algúns propios como a carauta dunha  vaca cun dos textos recompilados por Antonio Fraguas, coloreada polo alumnado e que nos dará xogo para unha actividade posterior. 






A tradicional selección de libros en galego da nosa biblioteca está instalada no corredor da escola para que as nenas, nenos e mestras da escola os manexen e lean. O cartel está realizado con debuxos da páxina  Primavera das Letras da RAG. e  imaxes de Antonio Fraguas.
Aquí vos deixamos enlaces das páxinas mencionadas por si queredes ampliar información ou facer algúns dos xogos ou materiais na casa.



 


xoves, 25 de abril de 2019

CONTOS EN LINGUAXE DE SIGNOS














Hoxe visitáronnos Emma e Sara da Asociación de Persoas Xordas para ensinarnos como se comunican as persoas que non poden oír. Contáronnos  dous contos empregando linguaxe de signos “O lobo volveu” e “Unha casa diferente”  e  practicamos como  comunicar as ideas “caperucita”, “lobo”, "cerdo", "cabra", “crocodilo” e “xirafa”. Os nenos e as nenas estiveron moi atentos as imaxes e aos xestos e participaron activamente na proposta.





mércores, 10 de abril de 2019

VISITAMOS A BIBLIOTECA DO FROXEL

Todos os anos, chegado o mes de abril, as bibliotecas municipais de Arteixo convídannos a unha sesión de contacontos para toda a escola. Onte collemos o autobús para achegarnos a biblioteca do Froxel onde nos agardaba Caxoto para contarnos varias historias. En dúas sesións Caxoto nos falou de Paco, o rato que pensaba que a lúa era de queixo, de contos da súa avoa e da disputa dos animais para ver quen merecía ser o rei.
Recordarvos que as bibliotecas municipais teñen unha programación interesante de animación á lectura e moitos libros e dvds para prestarvos de balde.  Animádevos a visitalas cos vosos fillos e fillas.