sábado, 3 de febreiro de 2018

DÍA ESCOLAR DA PAZ

O pasado martes celebramos na escola o Día Escolar da Paz. Durante os días previos estivemos realizando diversas actividades polas aulas. Ese día xuntámonos todos en bibliorrodís e primeiro escoitamos o conto Elmer y los hipopotamos de David McKee. Esta historia exemplifica moi ben como resolver pacificamente conflitos. Os hipopotamos “invaden” o río dos elefantes e estes moléstanse e falan con Elmer, o elefante diferente,  para que os bote do lugar. Elmer acude a falar cos hipopótamos para saber o que está a pasar e busca unha solución na que todos teñen que colaborar.
Despois do conto falamos do contido do mesmo e do que podería ter pasado de non chegar a un acordo.
Logo cantamos a canción “Peace in my fingers” de Susan Salidor, con axuda do noso corpo e de recortables.
A continuación pasamos á aula de Psicomotricidade onde xogamos e cantamos El Tallarín, a canción do Hokey Cokey e ás cadeiras cooperativas ao son da canción “Baile da paz” de Mamá Cabra. Finalmente degustamos pombiñas de millo todos xuntos.



Ningún comentario:

Publicar un comentario