martes, 13 de febreiro de 2018

ENTROIDO E PANCAKES



Hoxe é o martes de entroido, día emblemático no noso calendario. Nalgúns países anglosaxóns hoxe, Shrove Tuesday, celebran o Pancake Day, que ven sendo o día da filloa. Rebecca, a nosa auxiliar de conversa inglesa, comentou que na súa casa sempre fan as pancakes. Xa que non íamos estar na escola decidimos anticiparnos. O mércores pasado coa aula 5, na biblioteca, preparamos e degustamos british pancakes. Foi moi divertido e interesante: medimos, pesamos e fixemos a mestura con Rebecca (en inglés, claro). Logo a labor coa tixola tocoulles a ela e a Meli, mentras as nenas e os nenos realizaban una ficha para organizar as aprendizaxes.


pancake18

Por outra banda, o venres celebramos o entroido todos xuntos cuns obradoiros de xogos e plástica e unha merenda coas típicas orellas de entroido, filloas e rosquillas.




sábado, 3 de febreiro de 2018

DÍA ESCOLAR DA PAZ

O pasado martes celebramos na escola o Día Escolar da Paz. Durante os días previos estivemos realizando diversas actividades polas aulas. Ese día xuntámonos todos en bibliorrodís e primeiro escoitamos o conto Elmer y los hipopotamos de David McKee. Esta historia exemplifica moi ben como resolver pacificamente conflitos. Os hipopotamos “invaden” o río dos elefantes e estes moléstanse e falan con Elmer, o elefante diferente,  para que os bote do lugar. Elmer acude a falar cos hipopótamos para saber o que está a pasar e busca unha solución na que todos teñen que colaborar.
Despois do conto falamos do contido do mesmo e do que podería ter pasado de non chegar a un acordo.
Logo cantamos a canción “Peace in my fingers” de Susan Salidor, con axuda do noso corpo e de recortables.
A continuación pasamos á aula de Psicomotricidade onde xogamos e cantamos El Tallarín, a canción do Hokey Cokey e ás cadeiras cooperativas ao son da canción “Baile da paz” de Mamá Cabra. Finalmente degustamos pombiñas de millo todos xuntos.