domingo, 30 de abril de 2017

CELEBRACIÓN DO LIBRO




















Festexamos o pasado venres o día do libro cun festival ao que convidamos ás familias. Nesta xuntanza pretendíamos reflectir parte do traballo que as nenas e os nenos da escola veñen de realizar durante o curso e especialmente durante este mes de abril. Recitaron poemas, cantaron cancións e dramatizaron un conto. Reforzaron a comprensión oral, ampliaron vocabulario e melloraron a expresión oral a partir de textos escritos que saíron principalmente da biblioteca escolar. Ademais o pasaron moi ben e creemos que as familias tamén.

Velaquí o programa e algúns dos materiais aos que facemos referencia.





Aquí  tedes unha selección de fotos do evento, así como dous  pequenos vídeos.




Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Picture slideshow made with Smilebox


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free digital slideshow created with Smilebox

sábado, 29 de abril de 2017

VISITAMOS A BIBLIOTECA MUNICIPAL

O pasado xoves viaxamos en autobús ate a biblioteca municipal de Froxel  en dous grupos. Os primeiros foron os nenos e as nenas das aulas 3 e 4 e na segunda sesión asistiu o grupo da aula 5.  Acompañounos Eusebio, un dos bibliotecarios do Concello, e asistimos a unha sesión de contacontos a cargo de Nacho Martínez. A Nacho xa o coñecíamos dos seus traballos no Teatro del Andamio e soubemos inmediatamente que a sesión ía ser un éxito. 
O primeiro conto o fixo coas mans  invitando aos nenos e nenas a acompañalo, un conto da sua nenez sobre dous amigos  que non se dan atopado. A continuación colleu a guitarra para contarnos e cantarnos o xa clásico “Vamos a cazar un oso”  de Michael Rosen e por último contou con sombreiros a non menos coñecida historia de “A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza” de Werner Holzwarth. 




Presentámosvos fotos do primeiro grupo, nelas veredes que Nacho nos tiña engaiolados.
Agradecemos ó servizo de Biblioteca do Concello a súa invitación e animamosvos a seguir a programación de actividades para nenos e nenas das bibliotecas municipais.


venres, 7 de abril de 2017

VISITA AO PORTO

Onte subimos ao autobús para visitar o Porto de A Coruña.  Moi excitados chegamos ao porto onde nos esperaba María para levarnos de paseo polas instalacións. Con ela e con Fernando estivemos a ver diversas especies de animais mariños preparados para saír cara supermercados, restaurantes, pescarías … Puidemos observar as diferenzas e similitudes das especies e tamén moitos nos quedamos cos carteis nos que se avisa dos tamaños mínimos de algunhas delas.
Os días previos á saída preparámonos nas aulas falando do que iríamos ver. Entre outras cousas saíron da biblioteca libros coma estes:





Velaquí algunhas imaxes da saída


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This photo slideshow created with Smilebox

domingo, 2 de abril de 2017

OBRADOIROS E VALORES

Nestas últimas semanas tivemos na escola obradoiros diversos en colaboración con axentes externos.

Primeiro todos xuntos en Bibliorrodis  recibimos a Selma e a Lucía, nun obradoiro financiado polo Departamento de Educación do Concello de Arteixo,  dispostas a ensinarnos como separar o lixo para mellorar a calidade da nosa relación co entorno. Comezaron contandonos unha historia con monicreques e logo nos propuxeron  seleccionar os refugallos. Finalmente realizamos pequenas obras plásticas a partires dos materiais de refugallo.






Na semana seguinte contamos con Vicky e Bea de parte do Consorcio das Mariñas para recapitular sobre o tema da selección do lixo e realizamos un obradoiro de reciclaxe caseiro do papel. Neste caso fixémolo por grupos na aula de apoio.






Esta semana pasada volvemos a xuntarnos todos na biblioteca escolar con Nora e Ana, do departamento de Inmigración do Concello de Arteixo. Amosaronnos un fermoso conto sobre un patiño branco e a fixeron Maxia! Nesta ocasión o obxectivo era sensibilizarnos en inclusión e o respecto polas diferenzas.