mércores, 22 de marzo de 2017

DÍA DA POESÍA CON GLORIA FUERTES






O 21 de marzo celebramos o inicio da primavera e tamén o día mundial da poesía. En Bibliorrodís collimos unha mostra de libros poéticos e a colocamos nos nosos estantes da entrada da escola. Entre estes libros destaca a producción dunha muller extraordinaria, que lembramos este ano especialmente no centenario do seu nacemento: Gloria Fuertes.
Como dí a nosa compañeira Mariceli, Gloria ten un poema para calquera tema do que queras falar ou traballar. Gloria Fuertes, modelo de muller creadora e traballadora.
Vos apuntamos enlaces ao blog de Mariceli si queredes, entre outras cousas, escoitar como os nenos e as nenas recitan un dos seus poemas, e tamén a páxina da fundación Gloria Fuertes para saber mais sobre ela.



 

  "...Un niño con un libro de poesía en las manos nunca tendrá de mayor un arma entre ellas…"
Gloria Fuertes

xoves, 9 de marzo de 2017

MULLERES TRABALLADORAS, MULLERES CREADORAS

Hoxe conmemoramos o día da muller traballadora. Este ano seguindo o lema das bibliotecas escolares de Galicia “Bibliotecas escolares, territorio das artes”  decidimos facer unha pequena selección de mulleres galegas traballadoras e creadoras. Escollemos dúas pintoras (Maruja Mallo e Julia Minguillón), dúas músicas (Cristina Pato e Uxía Senlle) e dúas escritoras (Rosalía de Castro e Fina Casalderrey)

Maruja Mallo foi unha pintora inscrita na xeración do 27, relacionada con Dalí, Lorca, Alberti, etc, que pasou polo exilio e foi revalorizada coa democracia.
Julia Minguillón  foi membro da Real Academia Galega e ten no seu haber a medalla de Belas Artes nacional cun cadro sobre unha escola galega “A escola de Doloriñas”.
Fina Casalderrey é unha coñecida escritora de libros infantís e xuvenís, algúns dos cales atesouramos na nosa biblioteca.
Cristina Pato destaca como gaiteira a nivel internacional. O grupo “Silk Road Ensemble” ao que pertence ven de gañar un premio “grammy”.
Uxía Senlle é unha das mellores voces de Galicia e tamén participou na creación de discos que empregamos moito na escola.


Na entrada da Escola temos unha exposición cos materiais da biblioteca relacionados e os traballos que os nenos e as nenas están a realizar nas aulas. Non deixedes de botarlle un ollo os blogs das aulas para ver os procesos.