martes, 28 de febreiro de 2017

ENTROIDO 2017

Velaquí un recordatorio do día especial de Entroido na escola. As celebracións empezámolas antes. Entre todos adornamos a entrada da escola pintando, recortando e pegando materiais nos vidros e paredes, seleccionando e movendo libros, mobles e disfraces.




O día da festa, venres, xuntámonos todos na aula de usos múltiples onde fixemos as fotos de grupo e un pequeno desfile. Logo nos dividimos en 4 grupos identificados por colgantes de cores. Os grupos (co alumnado das distintas idades mesturado) pasaron por obradoiros de xogos e de confección de antefaces. Despois xuntámonos de novo para degustar unhas ricas orellas de Entroido e o resto da merenda. Ao final xogamos libremente no patio.

24 DE FEBREIRO DÍA DE ROSALÍA

O 24 de febreiro conmemórase o día de Rosalía de Castro recordando o día do seu nacemento. Na escola Mariceli e os nenos e as nenas da aula de 5 anos fixeron un gran traballo homenaxeándoa. Non volo perdades:



domingo, 19 de febreiro de 2017

XORNADA DE PORTAS ABERTAS

Divulgamos o cartel da Xornada de Portas Abertas da Escola de Vilarrodís- Oseiro. O vindeiro martes 21 de febreiro as 16:00 horas, abriremos a escola sobre todo a aquelas familias que estean pensando nun centro escolar para matricular por primeira vez aos seus fillos e fillas e desexen coñecer o noso funcionamento e instalacións. Esperámosvos!

venres, 10 de febreiro de 2017

UN GRILO VISITA A PATAQUIÑO

O mércores descubrimos na entrada de Bibliorrodís un exemplar bastante notable de grilo. Todas as titoras pasaron cos seus alumnos e alumnas para observalo con calma. O grupo de 3 anos, ademais, coñeceu un chisco máis ao noso Pataquiño: gardián, conselleiro e axudante da biblioteca. Pataquiño sacou rapidamente uns poucos libros de grilos. Ao final os nenos e as nenas da aula de 5-6 anos devolveron ao grilo ao campo.




martes, 7 de febreiro de 2017

CANDO A MÚSICA É ARTE

O pasado mércores asistimos a un concerto didáctico do grupo Arcos Iris no Palacio da Ópera de A Coruña . Os músicos que compoñen o grupo pertencen á Orquesta Sinfónica de Galicia. O espectáculo emprega a música para falar das emocións: o enfado, o medo, a alegría, a tristeza, etc  a través de grandes obras de Vivaldi, Mussorgsky, Offenbach, Brahms, Coldplay…  dun xeito interactivo invitando aos nenos e as nenas a participar con xestos, sons, aplausos. Nunha das pezas convidaron a mestra Beti a saír cunha nena a axudar no escenario. 
Encantounos! É un privilexio asistir a un concerto desta categoría e volo recomendamos vivamente. Por si queredes velo en familia por un módico prezo haberá unha repetición aberta o vindeiro sábado 18 de marzo.

http://www.sinfonicadegalicia.com/es/concierto/109/el-efecto-arcos-iris/
https://sonfuturo.wordpress.com/2017/02/02/arcos-iris/


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make a free slideshow design

domingo, 5 de febreiro de 2017

DÍA ESCOLAR DA NON VIOLENCIA E A PAZ

A celebración do día escolar da non violencia e a paz e unha cita de obrigado cumprimento no calendario escolar cada 30 de xaneiro. Arredor destas datas intensifícanse as actividades  de recoñecemento de emocións e actitudes que interveñen nunha convivencia pacífica. No cadro que veredes abaixo están libros que as distintas mestras lles contaron aos nenos e ás nenas estes días, lecturas que dan pé a interaccións orais e á realización de diversas actividades. Como colofón fixemos unha xuntanza na aula de psicomotricidade onde participamos en bailes e xogos cooperativos.





Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Personalize a digital slideshow