domingo, 27 de novembro de 2016

UN MUNDO LARANXA


A escola súmase á campaña promovida polo Secretario Xeral da Organización das Nacións Unidas “Únete para poñer fin á violencia contra as mulleres e nenas”. Esta campaña dura dende o propio día, 25 de novembro,  ata o  10 de decembro, día  dos Dereitos Humanos. A violencia contra ás mulleres non só afecta ás propias vítimas senón tamén aos seus seres queridos: fillos, fillas, pais, nais, irmáns, irmás....


Nas aulas e na biblioteca léronse contos  axeitados á idade dos nosos alumnos e alumnas de temática relacionada coa igualdade de xénero (“O país dos Mandóns”, “Rosa Caramelo”,”A voda do galo Pinto”) sobre os que fixemos algunhas reflexións e se realizaron actividades plásticas que logo colocamos na entrada da escola. Vos animamos a visitar os outros blogs da escola para ver os procesos.


A ONU é moi consciente de que a violencia en xeral e a desigualdade de trato de xénero en particular son  problemas mundiais, pero tamén de que as culturas máis desenvolvidas son aquelas nas que as mulleres teñen posicións máis igualitarias.
A ONU ten en marcha outra iniciativa relacionada co trato ás mulleres e ás nenas chamada HeForShe, na que se busca involucrar aos homes e aos nenos na defensa da igualdade de xénero. 


Vos animamos a todos e a todas a ver as guías e recursos para promover a igualdade para homes e mulleres na seguinte páxina web:





domingo, 6 de novembro de 2016

SAMAÍN 2016



Algunhas veces nos preguntan porqué lle damos tanta importancia á biblioteca escolar en infantil  se os nenos e as nenas  non son quen de ler (…outros nos preguntan porqué os nenos e nenas non aprenden a ler ós tres anos…).   O caso é que aprendemos a ler cando temos as condicións neurolóxicas precisas e temos unhas aprendizaxes previas adquiridas, e non todos o facemos ao mesmo tempo.  A motivación é moi importante, por iso  a nosa escola pon esforzo en familiarizar ao noso alumnado coa lingua escrita en forma de libros, manexándoos, escoitándoos, e animándovos a implicarvos familiarmente porque sabemos que iso é bo para todos. Sempre sen forzar,  dun xeito relaxado, paciente  e positivo,  empregando libros  sinxelos  e coloridos, coma os que vos enviamos no préstamo domiciliario.  



Partimos sempre da lingua oral. Si a oral falla, a escrita non irá moito mellor. Esa é unha das razóns polas que cada certo tempo facemos pequenos “festivais” onde recitamos, cantamos ou dramatizamos textos  (poesías, cancións, contos…).  O Samaín é unha excelente ocasión para facelo e a todos nos gusta moito.  Por razóns de espazo empregamos a sala de usos múltiples.  Desta vez, ademais das representacións pasamos un rato en bibliorrodís vendo e escoitando tres vídeos breves de temática relacionada coa festividade. Primeiro un en inglés relacionado coa temática traballada nas últimas semanas “Peppa Pig pumpkin party”, despois un corto de Pixar en castelán de humor “El coche nuevo de Mike” e por último “Samaín” canción en galego do disco “Brinca Vai”. Todos eles os podedes encontrar na plataforma Youtube.

Aquí abaixo vos deixamos unha montaxe con fotos do evento
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own free slideshow design