xoves, 23 de xuño de 2016

NOVA BIBLIORRODÍS E FIN DE CURSO



 

Comentabamos ao inicio do curso que tivemos un apoio económico importante a través do programa PLAMBE levado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares dependente da Consellería de Educación da Xunta. Este apoio, xunto co do Concello de Arteixo e o esforzo da comunidade, nos permitiu modificar a biblioteca escolar, Bibliorrodís, para conseguir un espazo bibliotecario diferenciado dunha aula ordinaria, con recursos axeitados e ao servizo de toda a escola. Isto nos permite dispoñer de recursos electrónicos modernos, mais fondos para a labor educativa diaria, para proxectos, empréstitos etc. Durante todo o curso estivemos barallando diversas  opcións  para conseguir empregar esa dotación da mellor forma posible e agora que remata estamos concluíndo a reforma.
 
 


Non queríamos que o alumnado que acaba etapa partira da escola sen ver os resultados, así que como peche de curso eliximos inaugurar a nova Bibliorrodís. Xuntámonos todos a escoller un conto e escoitalo xuntos. Da selección que fixeramos previamente os nenos e as nenas votaron “La Biblioteca Nocturna” de Kazuno Kohara. Logo vimos unha proxección do conto “El increíble niño comelibros” de Oliver Jeffers. Deixamos a continuación que tiveran un rato de lectura libre. Veredes nas fotos da montaxe o a gusto que se lles ve a todos pasando as follas dos contos no novo espazo.


Despois de iso saímos ao patio onde o mestre Juan tiña preparado un concerto coa axuda do seu pai, tamén Juan, que foi espectacular. Marabilloso remate de curso, con un chisquiño de mágoa polos nenos e nenas que se nos van. Afortunadamente tamén se deixaron ver algúns exalumnos e exalumnas o que sempre se agradece.

Bo verán a todos e todas!



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a free photo slideshow

LER EN VERÁN

Vos animamos a dedicar algún tempo do lecer veraniego a pasar as follas dalgún libro, a ler conxuntamente co voso neno ou nena, a inventar, a supoñer, a disfrutar de fermosas ilustracións... (a mellorar o vocabulario, a educar a mirada, a fomentar a lectura...). Vos deixamos algunhas ideas que vemos estes días nas librerías, dende as mais sinxelas (Cancodrilo na horta) ás mais complexas (¿De que color es un beso?). Escollimos tamén un libro con CD musical e un en inglés para os máis atrevidos.
Lembrade que as bibliotecas municipais están abertas en verán, que podedes pasar alí un rato ou ben levar libros en empréstito para velos en casa con calma.



luns, 20 de xuño de 2016

SEMANA DE TEATRO: A BAIUCA E CEIP DE GALÁN

Ás veces as cousas boas chegan xuntas. Esta semana tivemos dúas visitas de teatro ben queridas por nós.
O luns, da man do Concello, chegaron os maiores de A Baiuca a representar a historia do Peixe Arco Iris de Marcus Pfister e editado en castelán por Beascoa. Con fermosas ilustracións esta historia fala dun peixe cheo de escamas multicolores ,  egoísta e arrogante, que quere que os demais o admiren e ten que decidir entre seguir igual e ser ignorado ou cambiar de actitude para ter amigos. Deste libro xurdiron outros, varios dos cales temos na biblioteca.
Ás nenas e aos nenos da escola gustoulles moito a representación, que rematou con pompas de xabón. Despois cantamos as cancións musicadas de Manuel María e outras populares previamente ensaiadas.



BAIUCA 16 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker


O mércores chegou un gran grupo de escolares de primaria do Ceip de Galán cos seus mestres, co noso estimado Armando ao frente. Non só nos gusta polo espectáculo, ademais levamos a grande alegría de voltar a ver algúns exalumnos e exalumnas, cariñosos, altos e sans. Trouxeron un programa moi completo: Os maiores (5º e 6º) representaron o tradicional conto "Cincenta", o grupo de 1º C cantou "A Roda", o grupo de 2ªA representou "Un lugar extraordinario" relato dun grupo de turistas e a canción "O Pirimpimpín". O evento foi presentado polas nosas estimadas exalumnas Soraya e Claudia. Ao final todo o noso alumnado cantoulles varias cancións. Grazas por vir!