xoves, 28 de xaneiro de 2016

TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E SEGURIDADE




A semana pasada tivemos en Bibliorrodis unha charla sobre seguridade e novas tecnoloxías impartida por un especialista da Garda Civil, Jesús, e organizada colaborativamente entre a ANPA O Loureiro e o claustro da escola. Esta actividade xurde das inquedanzas que como docentes e familias temos ante o emprego axeitado do mundo virtual e forma parte do proxecto Arteixo Innovación organizado polo concello o curso pasado.
Jesús aportou información e houbo un interesante intercambio de opinións entre todos e todas.  Unha das partes máis salientables da actividade consistiu en comentar os resultados da enquisa anónima que as familias cubriron con anterioridade.
Non podemos máis que agradecer a todas as familias que contestaron a enquisa e ás que acudiron a charla a súa participación neste tema que consideramos importantísimo para os nosos alumnos e alumnas.  
E, por suposto, moitas grazas á ANPA e á Garda Civil por facer posible esta actividade.




mércores, 13 de xaneiro de 2016

MOCHILAS VIAXEIRAS


Esta semana retomamos o servizo de "Mochilas Viaxeiras" da Biblioteca Escolar nas aulas de 4º e 5º de E.Infantil (O grupo de 6º  iniciou a actividade en decembro). As mochilas, doadas pola Asesoría de Bibliotecas da Consellería de Educación, levan no seu interior materiais da nosa biblioteca, concretamente dous libros para lerlle ao neno ou nena, un libro con CD de música dos que usamos nas aulas e un libro de literatura galega para os adultos. As mochilas partirán cada luns de cada aula para pasar unha semana na casa o alumno ou alumna. As esperamos de volta o luns seguinte para que viaxe ata o seguinte fogar.
 
Esperamos que estes materiais vos fagan pasar uns bos momentos en familia. Aproveitamos para lembrarvos que podedes solicitar levar a casa algún libro ou material concreto da nosa biblioteca, así como facer suxestións ao servizo.