xoves, 23 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO 2015

Hoxe celebramos o día do libro con varias actividades nas aulas: decoración dun marcapáxinas conmemorativo,  lectura de contos …
Unha que nos gustou moito foi a lectura que fixo Gael, da aula 5, de dous contos creados e ilustrados por el mesmo. Un auténtico escritor e artista!!



Este ano decidimos preguntarlle a cada nena e a cada neno cal é o seu conto preferido da biblioteca (o que neste momento máis lles gusta) e lles fixemos unha foto posando con el. Con todas as fotos estamos a facer unha exposición no corredor.  Esperamos rematar mañá de colocar as que fallan.





martes, 21 de abril de 2015

VISITA Á BIBLIOTECA MUNICIPAL

Hoxe acudimos, como cada curso, a Biblioteca Municipal de O Froxel para asistir a unha sesión de contacontos dirixida por Pizpireta, da compañía DuendeSico. En dous grupos desprazámonos ata a biblioteca en autobús invitados polo Concello. Pizpireta nos contou un conto en cada sesión e nos invitou a bailar dúas cancións. Esta actividade queda enmarcada nas diversas propostas que estamos a organizar en Abril, mes do libro.