domingo, 15 de febreiro de 2015

CONTACONTOS EN FAMILIA V

Chegamos ao final dos contacontos en familia da aula 4 (5º de Ed. Infantil) coas imaxes das experiencias realizadas no mes de febreiro. Recibimos con moito entusiasmo a Paula, nai de Aitor, a Yolanda, nai de Iván , a Susana, tía de Jacobo e a Eliana,  nai de Rubén. Tivemos diversas actividades relacionadas coas historias que nos contaron: plásticas, musicais, de recoñecemento de letras, escritura, conceptos matemáticos... Rematamos sempre con un rato de manexo de libros.
Como vedes, os contos nos permiten traballar moitos temas do curriculo oficial de Ed. Infantil, tanto coa propia historia como nas actividades posteriores e outros traballos que se realizan nas aulas.

Unha vez mais GRAZAS a todos e todas.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow created with Smilebox

venres, 6 de febreiro de 2015

CONTACONTOS EN FAMILIA IV

As familias continúan visitando a nosa biblioteca para contarnos un conto. Nesta entrada veredes as visitas do mes de xaneiro. Recibimos a un pai, Xurxo, e dúas nais,  Noelia e Inés, do grupo de 4 anos. Tamén empezaron a visitarnos as familias do grupo de 5 anos. Estas últimas experiencias as podedes ver no blog de Vilatrasna.
Agradecemos moitísimo a todos os familiares que se achegan aquí a súa disposición e o permiso para poder facer fotos e publicalas. Por suposto non é unha obriga  e entenderíamos que alguén non quixera saír. O realmente importante é a experiencia para os nenos e as nenas de que o seu ser querido veña a pasar un rato con eles á escola e que traballemos en torno a un libro, con fotos ou sen elas.


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Digital slideshow created with Smilebox

domingo, 1 de febreiro de 2015

DÍA DA PAZ

O 30 de Xaneiro celebramos nas escolas o Día Escolar da Paz e Non Violencia. Esta é una celebración de obrigado cumprimento dentro do calendario escolar de Galicia, aínda que, como podedes supoñer, tentamos levar a práctica os valores da paz durante todo o curso e en todo momento.

Nestas idades a Paz é un concepto bastante abstracto para comprender polo que baseamos as nosas actuacións sobre todo en educar nos afectos, no respecto cara un mesmo e cara os outros e na cooperación e colaboración como xeitos máis agradables de conseguir as nosas metas.

Para salientar o día preparamos unhas actividades nas que as nenas e os nenos deixan a sua aula diaria e se mesturan en 6 grupos de cores. Cada grupo participa nun total de 3 obradoiros: un de biblioteca, outro de plástica e un terceiro de xogos cooperativos. No obradoiro de biblioteca vimos o conto “O bebé” de Fran Manushkin e Ronald Himler na Pizarra dixital e logo un xogo afectivo.

Ao rematar o ciclo de obradoiros volvemos a xuntarnos na aula de psicomotricidade para colocar o mural realizado no obradoiro de plástica, bailar un rato todos xuntos e merendar.