venres, 22 de marzo de 2013

FESTEXANDO OS ANIVERSARIOS

Rematamos trimestre facendo as celebracións dos aniversarios das nenas e os nenos que cumpriron anos. Velaquí algunhas fotos do evento. Sopraron a candea, comeron biscoito e bailaron antes de saír o patio.









mércores, 20 de marzo de 2013

SAÍDA DIDÁCTICA A EMPRESA BONILLA

Organizada polo Concello de Arteixo tivemos unha saída a empresa de patacas fritas Bonilla, aquí cerquiña. O luns saímos os de 3 e 4 e o martes os de 5 acompañados polo grupo de 5 dos amigos e amigas da EEI de Barrionovo. Ademáis da excitación de ir en autobús, a actividade é significativa e interesante dende o punto de vista didáctico. Observar o proceso industrial de transformación dun alimento básico e que eles consumen con frecuencia e gusto ten un gran valor pedagóxico, incluso para nenas e nenos tan pequenos. Vos deixamos unha mostra da visita nesta montaxe.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free picture slideshow generated with Smilebox

domingo, 17 de marzo de 2013

PRÉSTAMO DOMICILIARIO

Máis tarde do que esperábamos, iniciamos este venres o servizo de préstamo de libros da biblioteca escolar nas aulas 3 e 4. Na aula 5 o servizo leva funcionando dende o inicio do curso. O principal obxectivo desta actividade é o fomento do interese polo libro e por tanto pola lectura. Máis que a lectura literal do libro por parte do adulto, o importante é visualizalo en común nun momento relaxado, poder imaxinar o que dirá a historia, comentar os debuxos e que eles se decaten de que os seus pais, irmáns maiores, avós, etc poden "descifrar" o seu contido... é decir, crear o interese nos cativos e cativas pola lectura. En ningún caso se pretende que lean os nenos e nenas.
Vos pedimos tamén que os axudedes a comprender a importancia de respectar os materiais, coidalos e mantelos en bo estado.



Ante o deterioro que presentaban as bolsas das que dispoñíamos, decidimos crear unhas novas, así que este ano estrenamos unhas bolsas exclusivas da nosa escola. O debuxo de "Pataquiño", a mascota da biblioteca, é unha creación de varios alumnos e alumnas. Cada bolsa leva unha tarxetiña co nome do neno ou nena e un debuxo da ilustradora británica Zita Newcome atopado na web. As tarxetas teñen diferente cor segundo a aula á que pertence. Unha das tarefas de lectura que facemos é que aprendan a recoñecer o seu nome, e pouco a pouco ó longo dos tres cursos que están aquí, ós nomes dos demáis.