luns, 28 de xaneiro de 2013



O pasado venres recibimos na escola a Patricia e a Álex que viñeron de parte da Editorial Kalandraka a contarnos algúns contos publicados polo seu selo. Patricia recibiunos co abrigo cheo de petos de Loreto, para logo contarnos a historia da Galiña Roxa e por último a da serpe Críctor. Escoitamos, cantamos e aplaudimos...e ademáis portámonos moi ben.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow design created with Smilebox

venres, 18 de xaneiro de 2013

NOVIDADES

Estamos de parabéns! Este nadal tamén nos trouxeron moitas novidades na biblioteca. Un bo número de libros acaba de sumarse os nosos fondos. Para dalos a coñecer os temos expostos nos estantes do corredor.

luns, 7 de xaneiro de 2013

CONTOS DE RATIÑOS

Maña voltamos á escola e xa temos gañas de vernos as caras e contarnos todos os agasallos e experiencias vividas neste Nadal.
O último día do anterior trimestre recibimos a visita do Rato de Biblioteca Camifuco que viu de Lonxedetodo para contarnos 3 contos dos libros "Contos de Ratiños" e "Sopa de Rato" de Arnold Lobel, publicados ámbolos dous por Kalandraka editora. Camifuco nos fixo reír, escotar con atención, bailar...
Foi estupendo contar con David Pernas da compañía do Trinketrinke, con gran experiencia na súa profesión. David e Trinketrinke participan nas campañas de animación a lectura das bibliotecas municipais de A Coruña e as de Cambre tendo recibido numerosos galardóns pola súa tarefa.
Seguro que xa ollastedes algunhas imaxes no blog dos Pequechos. Aquí vos deixamos unha montaxe con algunhas máis.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own free picture slideshow