domingo, 23 de decembro de 2012

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Cada ano publícanse en España centos de libros para nenos e nenas de 3 a 6 anos. Estivemos a facer unha pequena escolma de títulos variados aptos para estas idades que podedes atopar nas librerías neste intre. Antes de mercar botádelles un ollo. Lembrade que os libros teñen que ter pouco texto (e sinxelo) e moita ilustración.
Asemade acordádevos de que as bibliotecas municipais de Arteixo están abertas para préstamo de balde. A mais próxima á escola é a do Froxel.

RESUMINDO

Os nenos e as nenas xa están de vacaciones pero nós aínda  pretendemos poñer algunhas cousiñas no blogue. Primeiro un resumo das visitas dos pais e nais do grupo de 5 anos que acudiron á aula a contarlles un conto ós nenos. Xa vos faláramos das nais de Hugo e Oyanne, que foron as primeiras en vir. Agora os deixamos a testemuña do paso pola escola dos pais e nais de Iago, Martín, Oscar M. e Miguel e Nerea. Estas experiencias son sempre voluntarias e se realizan os xoves despois do recreo.
Das mans e as voces destas nais e pais os nenos e as nenas poideron disfrutar das seguintes historias:
  • Un gato na árbore da Ed. OQO
  • Garavanciño da Ed. Kalandraka
  • El grúfalo da Ed. Macmillan
  • Bebé a bordo da Ed. Serres
Moitas gracias a todos por compartir o seu tempo con nós.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow design made with Smilebox

martes, 18 de decembro de 2012

ANIVERSARIOS NO PRIMEIRO TRIMESTRE

O pasado venres celebramos na escola os aniversarios dos nenos que cumpriron anos neste primeiro trimestre do curso. Tivemos cancións de parabéns en galego, español e inglés. Todas as nenas e nenos homenaxeados sopraron unha candea e levaron unha insignia especial para a ocasión. O sinxelo biscoito que comeron foi un éxito rotundo. Velaquí a proba.