xoves, 28 de xuño de 2012

LIBROS PARA O VERÁN

Chegan as vacacións e os nenos e as nenas van ter moito tempo para xogar, descansar, etc. Ben merecido o teñen. Non esquezades a importancia da lectura no ocio. Nestas idades que aínda non teñen autonomía lectora, as familias poden sentarse con eles un ratiño o día. Aquí vos deixamos algunhas suxerencias para ler, tocar, manipular, xogar, descubrir e tamén para pintar, xogar co ordenador ou escoitar en cd. Boa lectura!!!



martes, 26 de xuño de 2012

ATA SEMPRE

Aos nenos e nenas se lles colle moito cariño, sexan tranquilos, tímidos, cariñosos, alegres, trastes.... é o mesmo. Se nos marcha unha promoción despois de tres cursos e os imos botar de menos. Moitos bicos e moitos libros para o futuro.Vos desexamos o mellor. 


venres, 22 de xuño de 2012

PROTAGONISTAS

O curso está a piques de rematar e nos centros facemos avaliacións, memorias, informes....
Unha experiencia que nos gustou moito foi a de "Protagonista da Semana". Realizouse en 4 e 5 anos con gran éxito. Na aula 4 Beti invitou ás familias para compartir un par de horas de clase e a contar cousas relacionadas co neno ou nena. Vimos de todo: como facer pasteis, como xogar con papeis de xornal, globoflexia, papiroflexia, xoguetes favoritos, etc. Pero sobre todo nos contaron contos, moitos contos. Co material recopilado de cada neno, incluída a visita do seu familiar, confeccionouse un libro completamente persoal. A medida que avanzou o curso foron completándose libros e os nenos e as nenas tiñan mais ganas de recordar eses momentos. Resultou unha experiencia fantástica para as cativas e os cativos, para a escola e creemos que para os familiares que acudiron tamén. Non hai máis que ver as caras dalgúns nenos nas fotos. Estamos moi agradecidas a todos. Todos teñen mérito porque se esforzaron en preparar a súa visita  e sabemos que algúns cambiaron turnos ou pediron permiso no seu traballo para poder vir. No "slideshow" que incluimos nesta entrada temos unha foto de cada experiencia e algunha dos nenos na aula. Moitas gracias a todos e todas.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow design created with Smilebox

sábado, 16 de xuño de 2012

O MAR


Neste trimestre, como xa sabedes, preparamos un proxecto conxunto de escola sobre o mar. Temos que agradecer a colaboración das familias que nos aportaron libros, informacións, obxectos e animais mariños. Todos estes materiais están expostos nas aulas e no corredor da escola e foron visionados, consultados e traballados.
Dende a biblioteca axudamos a ambientar ó centro coa decoración e preparamos unha exposición con todos os libros e dvds que temos sobre o tema. Como sempre, as mestras envían ós nenos e ás nenas para escoller da exposición materiais para ver nas aulas. Algúns son contos e outros son máis informativos.
Hoxe, como remate do proxecto, visitamos o acuario de Coruña. Aquí vos deixamos unha montaxe con algunhas fotos dos traballos e unhas poucas fotos da visita. A podedes ver con música ou sin ela, en grande ou pequeno; podedes xogar coa presentación a mover as olas ou ver as fotos rápidas, etc.


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own free slideshow design