martes, 24 de abril de 2012

DIA DO LIBRO

Onte festexamos o Día internacional do Libro cun pequeno festival onde todos os nenos e as nenas participaron. Como vos dixemos,  un dos fins destas actividades é o fomento da lectura, pero non é o único. As cancións, recitados e dramatizacións favorecen a expresión oral diante dun público, a expresión e control corporal, desenvolven a memoria, o sentido da responsabilidade, etc.
Para a ocasión cada aula preparou unha ou dúas actividades sobre un libro e o final tivemos unha actuación improvisada e dirixida dun conto clásico. Aqui tedes unha montaxe fotográfica das actuacións. No blog d@s pequech@s atoparedes máis material.

venres, 20 de abril de 2012

ABRIL, MES DO LIBRO


O vindeiro luns 23 de abril celébrase o día internacional do Libro. Na escola imos facer un pequeno festival no que teremos representacións de contos, recitado de poesías... De momento estamos falando do tema, ensaiando e atendendo a nova exposición que montamos na escola. Intentamos fomentar o gusto pola lectura e o mundo do libro. Os nenos e as nenas poden "ler" antes de decodificar a escritura.

martes, 10 de abril de 2012

VISITAMOS A BIBLIOTECA DO FROXEL




Esta mañá acudimos en dous turnos á biblioteca local do Froxel a escoitar os contos de Marisa Irimia. Como sempre, a bibliotecaria Rosa nos recibiu cun gran sorriso. Unha vez arriba, Marisa nos espabilou cunha ducha imaginaria e logo nos contou dous contos. O primeiro tiña como protagonista a Pinocho que perdera o seu nariz. No segundo a princesa Sapiña quería unha moto e non un príncipe encantador. Vos animamos a levar ós nenos e ás nenas as sesións de contacontos gratuitas que organiza a biblioteca.