venres, 30 de marzo de 2012

PASCUA

As familias xa sabedes que nas clases de inglés empregamos diversos recursos para conseguir unha boa aproximación á lingua estranxeira. Co gallo das festas que se aproximan aproveitamos para falar da Pascua e como os nenos e nenas anglosaxones reciben a visita do Coello de Pascua. Unha das actividades que fan e a "Easter egg hunt" unha búsqueda de ovos decorados nun campo. Pois hoxe iso fixemos na aula 5. Primero contamos o conto "If I were the Easter Bunny", logo fumos na procura dos ovos que a profe escondera polo pradiño da escola e para rematar empezamos unha ficha relacionada co tema que sacamos da estupenda http://www.familyfun.com/ . Xa non nos deu tempo para mais. Aproveitamos para desexarvos unha boas pascuas. Esperamos os nenos e as nenas para o martes 10, no que temos prevista unha visita á biblioteca do Froxel.



xoves, 22 de marzo de 2012

DÍA DA POESÍA



O 22 de Marzo é o día mundíal da Poesía. Aproveitamos a data para renovar a nosa exposición de libros. Collimos dos fondos da nosa biblioteca títulos de autores como Gloria Fuertes, Antonio García Teijeiro, Yolanda Castaño, etc e recopilacións de rimas e poemas populares como a colección "Cinco Lobitos" da editorial Ciclo ou algúns titulos da colección "Contos maravillosos" da Ed. Cumio. Aquí vos deixamos algunas páxinas dos libros da exposición.


Páxina do libro de GLORIA FUERTES: Versos con moraleja. Ed. Susaeta

Páxina do libro de MAGÍN BLANCO: A nena e o grilo. Ed. OQO.


Páxina do libro de ÁNXELA GRACIÁN: Camiño solitario. Ed. Galaxia

venres, 16 de marzo de 2012

AS VELLAS E AS NOVAS TECNOLOXÍAS

Hoxe vos imos contar unha secuencia de traballo na aula a partires dun conto. Neste caso falamos da aula de 4 anos e o conto e "A casa da Mosca Chosca" da Ed. Kalandraka que atesoramos na Biblioteca.


Primeiro se amosa o conto físico e se fan preguntas sobre que nos suxire a portada do seu posible contido. A continuación a titora conta o conto. Logo se pode facer unha pequena reflexión sobre o lido e pasar a facer diversas actividades. Neste caso os nenos teñen dramatizado a historia dentro da aula, representando os diversos personaxes e situacións. Na Pizarra Dixital traballamos un paquete de actividades en formato LIM. O EDILIM é un programa educativo gratuito que calquera pode descargar da rede para elaborar materiais educativos. No noso caso eleximos o traballo que fixo a compañeira Teresa Hernández do CEIP de Aguiño e que puxo desinteresadamente na rede para compartir. O podedes ver e baixar aquí: 
Despois facemos traballo de mesa recortando e identificando os nomes dos animais protagonistas. Este tipo de actividades se fan ó longo dun periodo de tempo, así que continuará....

martes, 13 de marzo de 2012

CONCERTO DIDÁCTICO

Onte na escola asistimos a un concerto didáctico organizado polo Concello de Arteixo. Os músicos Óscar e Víctor ensináronnos o acordeón, a zanfona, a gaita, o tamboril e que partes os compoñen. Agora xa sabemos o que é un roncón ou os farrapos de gaita!! Falamos das familias de instrumentos ás que pertencen e comparamos con outros instrumentos que coñecemos. Atendimos as cualidades dos sons fortes ou frouxos. Víctor e Óscar tocaron varias pezas tradicionais da música galega que escoitamos e tamén bailamos.


No blog dos pequechos tedes máis fotos e un video por si queredes vernos en movemento.

venres, 9 de marzo de 2012

O CONTO DO RÍO MANDEO

Este mércores tivemos unha actividade complementaria de Educación Ambiental patrocinada pola Diputación da Coruña e organizada pola Empresa Terranova. Verónica e Manuel viñeron contarnos o conto "Este é o conto do río Mandeo". Houbo unha proxección do conto animado, fixeron xogos e logo unha actividade plástica de mesa. Téntase que os nenos e as nenas comencen a ter sensibilidade de cara ao uso responsable da auga e o coidado do medioambiente.
Deixaron un conto para cada un que xa veríades na casa. Un día diferente e moi educativo.