domingo, 23 de decembro de 2012

RECOMENDACIÓNS LECTORAS

Cada ano publícanse en España centos de libros para nenos e nenas de 3 a 6 anos. Estivemos a facer unha pequena escolma de títulos variados aptos para estas idades que podedes atopar nas librerías neste intre. Antes de mercar botádelles un ollo. Lembrade que os libros teñen que ter pouco texto (e sinxelo) e moita ilustración.
Asemade acordádevos de que as bibliotecas municipais de Arteixo están abertas para préstamo de balde. A mais próxima á escola é a do Froxel.

RESUMINDO

Os nenos e as nenas xa están de vacaciones pero nós aínda  pretendemos poñer algunhas cousiñas no blogue. Primeiro un resumo das visitas dos pais e nais do grupo de 5 anos que acudiron á aula a contarlles un conto ós nenos. Xa vos faláramos das nais de Hugo e Oyanne, que foron as primeiras en vir. Agora os deixamos a testemuña do paso pola escola dos pais e nais de Iago, Martín, Oscar M. e Miguel e Nerea. Estas experiencias son sempre voluntarias e se realizan os xoves despois do recreo.
Das mans e as voces destas nais e pais os nenos e as nenas poideron disfrutar das seguintes historias:
  • Un gato na árbore da Ed. OQO
  • Garavanciño da Ed. Kalandraka
  • El grúfalo da Ed. Macmillan
  • Bebé a bordo da Ed. Serres
Moitas gracias a todos por compartir o seu tempo con nós.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Free slideshow design made with Smilebox

martes, 18 de decembro de 2012

ANIVERSARIOS NO PRIMEIRO TRIMESTRE

O pasado venres celebramos na escola os aniversarios dos nenos que cumpriron anos neste primeiro trimestre do curso. Tivemos cancións de parabéns en galego, español e inglés. Todas as nenas e nenos homenaxeados sopraron unha candea e levaron unha insignia especial para a ocasión. O sinxelo biscoito que comeron foi un éxito rotundo. Velaquí a proba.

venres, 30 de novembro de 2012

EXPLORANDO A BIBLIOTECA

Vos amosamos algunhas instantáneas que tomamos na biblioteca da escola a nenas e nenos da aula de 3 anos. Unha das finalidades fundamentais da Biblioteca é de animación á lectura. Non é só unha frase bonita. Un dos eixes do sistema escolar é a aprendizaxe da lectoescritura e hai dúas razóns principais para que unha persoa aprenda algo: o interese e a necesidade. Se conseguimos que as nenas e os nenos teñan interese en "descifrar" o que pon nos contos, libros... daremos un paso de xigante cara o desenvolvemento das súas competencias lectoras. O mesmo ocorrerá coa escritura se teñen interese en comunicarse ou expresarse dese xeito. 

Os motivaredes se vos ven ler. Contádelles contos axeitados en momentos relaxados. Si podedes levádeos a ver os contacontos das bibliotecas municipais. Se son experiencias positivas teñen un valor pedagóxico inmenso.

Segundo recolle o Decreto 330/2009 do 4 de xuño polo que se establece o currículo de Ed. Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia: 
" A apropiación da linguaxe, nas súas formas oral e escrita, dependerá da amplitude, variedade e calidade das experiencias comunicativas que os nenos e nenas teñan.
No segundo ciclo de educación infantil preténdese así mesmo que o alumnado descubra e explore os usos da lectura e a escritura, espertando e afianzando o seu interese por elas.
Farase un achegamento á literatura infantil a partir de textos comprensibles e accesibles para que esta iniciación literaria sexa fonte de gozo, de diversión e de xogo. "






venres, 23 de novembro de 2012

APERTAS



O xoves 15, veu Rocío, a nai de Oyanne da aula de 5 anos, a contarnos o conto “A noite das mudanzas" de OQO editora. Unha vez máis resultou moi rica a experiencia, que, ademais de finalizar cun traballo dos nenos relacionado co título do conto e un debuxo alusivo ó argumento do mesmo, tivo un engadido que nos emocionou a todos.
Rocío contounos que cando era ela nena, a súa avoa ía á feira, e ó voltar sempre lle traía un panos, uns caramelos, uns calcetíns... que ela disfrutaba durante un tempo. Cando o seu avó ía á feira, ao voltar ela facíalle a mesma pregunta: Avó que me trouxeches? E el contestáballe: Tróuxenche algo aquí gardado (poñéndose a man no corazón), que é un montón de cariño, e a ela iso gustáballe moito.
Rematamos a sesión dándonos unha grande aperta entre todos, e logo repetíndoo por parellas. Canto nos gustou darnos estes mimiños, que tan ben sentan sempre! Graciñas unha vez máis por vir a contarnos estas historias tan tenras que nos fan aprender tantas cousas.
 
 

luns, 19 de novembro de 2012

O MAGOSTO

O pasado venres fixemos unha pequena celebración da tradicional festa galega do Magosto. Vos pedimos unha presa de castañas picadas e as levamos á panadería La Biscotte, na Maceira, que, pese os nosos intentos de pagarlle o seu traballo, nolas asou de balde. O noso agradecemento por elo.
Xuntamos ós nenos e ás nenas na aula de psicomotricidade para "traballar" a motricidade fina pelando cos seus dediños as castañas, xa asadas e aínda quentiñas. Despois cantamos todos xuntos "A Festa do Magosto" e metimos un par de castañas no petiño que fixemos nas aulas, especial para a ocasión, para levar para casa.
Dende a biblioteca salientamos un conto galego para ler nesta data: O apalpador e a castaña máxica de Xoan G. publicado por Biblos Clube de Lectores. En: http://www.apalpador.com/?page_id=237 tedes debuxos para colorear e outros recursos interesantes.

Fixemos un montaxe coas fotos do evento. Podedes ver as fotos, imprimilas ou baixalas ó voso ordenador premendo en SAVE (JUST THE PHOTOS) ou baixar a montaxe completa. Esperemos que vos guste!


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Slideshow made with Smilebox

venres, 9 de novembro de 2012

AS FAMILIAS NOS CONTAN CONTOS NA AULA DE 5 ANOS


Aproveitando o positiva que resultou a experiencia de participación das familias na aula da mestra Beti  o curso pasado,  este ano  levaremos a cabo unha nova actividade na mesma liña. Dende onte e ata remate de curso cada xoves virá unha familia a contarnos un conto. Será a última hora, pois é ese o momento no que preparamos os contos que levamos en préstamo semanalmente a casa. Os encargados ou encargadas dese día van lendo os nomes da bolsiña de cada compañeiro e, logo de entregarllas, cada un deles colle o conto que quere levar. Aproveitamos pois para que mamás e papás compartades con nós ese momento, antes de contarnos o conto que elixíchedes para contarnos ese día.

E como elixides a historia a contar? O luns de cada semana,  Beti escolle tres contos da biblioteca da escola , que cada vez ten máis títulos.  Levades a casa estes contos e escolledes, coa axuda dos vosos fillos, cal dos tres vos apetece contar.   Isto servirá para que logo escribamos o título na aula e fagamos un debuxo alusivo á narración. Será por tanto unha ocasión única para traballar aspectos propios do currículo desta idade en canto a : autonomía (somos capaces de escoller o noso conto e preparalo para levar cada semana), lectura e escritura (disfrutamos escoitando contos, recoñecemos e escribimos o seu título), e moitos outros aspectos que axudan a facernos persoas que disfrutarán coas moitas sorpresas que gardan para nós os libros.

Estas son fotos de onte, onde vedes a María, a nai de Hugo contando "Unha casa a medida" de Daniela Kulot publicada por FaktoriaK de Libros. Os encargados Hugo e Darío Rey len as tarxetas cos nomes dos compañeiros e as reparten. Moitas grazas María.




xoves, 1 de novembro de 2012

SAMAÍN NA ESCOLA

Para festexar o Samaín fixemos diversas actividades nas aulas: contos, lectoescritura os de 5, actividades de destrezas motrices finas en tódalas aulas (picado, recortado, coloreado, etc...)
 
O mércores, como fin de tema, fixemos todos xuntos un pequeno festival no ximnasio.
Primeiro, a meiga Luisa (que tiña un extraordinario parecido coa profe Isa)  contounos o conto da "Casa Máxica". Logo, os nenos e as nenas de 5 anos cantaron a canción "Los esqueletos". O grupo de 4 anos interpretou "La bruja loca". A continuación todos xuntos cantamos en inglés a canción "Dem Bones". Para rematar fixemos unha conga-baile ao son de "lobo Feroz" de "Contos en cantos" da ed. OQO.
Aqui tedes o video de inglés:



Vos damos as grazas pola participación coas cabazas e os parabéns pola imaxinación e traballo desplegados. Deixámosvos unha montaxe de fotos destes días.

venres, 26 de outubro de 2012

LIBROS PARA O SAMAÍN

Estes son algúns dos libros que temos na exposición e que poden ser lidos en clase


Un dos favoritos destas datas é "Corre corre, cabaciña" da editorial OQO. Aquí vos deixamos un enlace á canción do conto que está publicada no libro con cd "Contos en cantos" da mesma editorial.




NOVAS, NOVAS, NOVAS

Benvidos de novo!!! Novas, novas, novas:
Xa casi pasan dous meses do inicio do curso e na Biblioteca estivemos a traballar en proxectos e na xestión técnica.
Estamos encantadas porque temos recibido unha importante axuda institucional para continuar a renovación dos fondos, móbeis e equipos informáticos da Biblio. Esta axuda nola concederon en recoñecemento da labor de toda a comunidade educativa nos cursos pasados e para que continuemos nesa liña. Todos temos que felicitarnos: Nenos e nenas, Profes e Familias. O que é bo para a escola é bo para os nenos e as nenas que a viven.
O servizo de préstamo domiciliario xa comenzou na aula 5, e en breve o fará en 3 e 4. Xa vos avisaremos cando teñamos todo preparado.
Celebración do Samaín: Como vedes, xa estamos coa decoración do Samaín e temos unha exposición no corredor con libros da Biblioteca relacionados coa data para poder usar nas aulas. O vindeiro mércores faremos diversas actividades conxuntas toda escola para as que nos estamos preparando. Non faltará a sesión contacontos.


Vos deixamos un enlace á páxina da biblioteca do CEIP de Sada e os Seus Contornos que explica o porqué desta celebración.

xoves, 28 de xuño de 2012

LIBROS PARA O VERÁN

Chegan as vacacións e os nenos e as nenas van ter moito tempo para xogar, descansar, etc. Ben merecido o teñen. Non esquezades a importancia da lectura no ocio. Nestas idades que aínda non teñen autonomía lectora, as familias poden sentarse con eles un ratiño o día. Aquí vos deixamos algunhas suxerencias para ler, tocar, manipular, xogar, descubrir e tamén para pintar, xogar co ordenador ou escoitar en cd. Boa lectura!!!



martes, 26 de xuño de 2012

ATA SEMPRE

Aos nenos e nenas se lles colle moito cariño, sexan tranquilos, tímidos, cariñosos, alegres, trastes.... é o mesmo. Se nos marcha unha promoción despois de tres cursos e os imos botar de menos. Moitos bicos e moitos libros para o futuro.Vos desexamos o mellor. 


venres, 22 de xuño de 2012

PROTAGONISTAS

O curso está a piques de rematar e nos centros facemos avaliacións, memorias, informes....
Unha experiencia que nos gustou moito foi a de "Protagonista da Semana". Realizouse en 4 e 5 anos con gran éxito. Na aula 4 Beti invitou ás familias para compartir un par de horas de clase e a contar cousas relacionadas co neno ou nena. Vimos de todo: como facer pasteis, como xogar con papeis de xornal, globoflexia, papiroflexia, xoguetes favoritos, etc. Pero sobre todo nos contaron contos, moitos contos. Co material recopilado de cada neno, incluída a visita do seu familiar, confeccionouse un libro completamente persoal. A medida que avanzou o curso foron completándose libros e os nenos e as nenas tiñan mais ganas de recordar eses momentos. Resultou unha experiencia fantástica para as cativas e os cativos, para a escola e creemos que para os familiares que acudiron tamén. Non hai máis que ver as caras dalgúns nenos nas fotos. Estamos moi agradecidas a todos. Todos teñen mérito porque se esforzaron en preparar a súa visita  e sabemos que algúns cambiaron turnos ou pediron permiso no seu traballo para poder vir. No "slideshow" que incluimos nesta entrada temos unha foto de cada experiencia e algunha dos nenos na aula. Moitas gracias a todos e todas.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free slideshow design created with Smilebox

sábado, 16 de xuño de 2012

O MAR


Neste trimestre, como xa sabedes, preparamos un proxecto conxunto de escola sobre o mar. Temos que agradecer a colaboración das familias que nos aportaron libros, informacións, obxectos e animais mariños. Todos estes materiais están expostos nas aulas e no corredor da escola e foron visionados, consultados e traballados.
Dende a biblioteca axudamos a ambientar ó centro coa decoración e preparamos unha exposición con todos os libros e dvds que temos sobre o tema. Como sempre, as mestras envían ós nenos e ás nenas para escoller da exposición materiais para ver nas aulas. Algúns son contos e outros son máis informativos.
Hoxe, como remate do proxecto, visitamos o acuario de Coruña. Aquí vos deixamos unha montaxe con algunhas fotos dos traballos e unhas poucas fotos da visita. A podedes ver con música ou sin ela, en grande ou pequeno; podedes xogar coa presentación a mover as olas ou ver as fotos rápidas, etc.


Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own free slideshow design

xoves, 17 de maio de 2012

Letras Galegas 2012


Letras Galegas - presentacion imagenes


Este ano celebramos o día das Letras Galegas na escola cunha representación do conto de Carapuchiña Vermella a cargo de avós da zona, tamén nos cantaron a "saia da Carolina" 
e xogamos á roda cantando; foi unha experiencia estupenda onde todos e todas disfrutamos moito.
Convidámolos a quedarse cono nós mentres soprábamos a vela de aniversario das LETRAS GALEGAS e a comer o biscoito de celebración. 
Agradecerlle ao Concello de Arteixo a súa dispoñibilidade e colaboración na organización de actividades tan enriquecedoras como esta.

martes, 24 de abril de 2012

DIA DO LIBRO

Onte festexamos o Día internacional do Libro cun pequeno festival onde todos os nenos e as nenas participaron. Como vos dixemos,  un dos fins destas actividades é o fomento da lectura, pero non é o único. As cancións, recitados e dramatizacións favorecen a expresión oral diante dun público, a expresión e control corporal, desenvolven a memoria, o sentido da responsabilidade, etc.
Para a ocasión cada aula preparou unha ou dúas actividades sobre un libro e o final tivemos unha actuación improvisada e dirixida dun conto clásico. Aqui tedes unha montaxe fotográfica das actuacións. No blog d@s pequech@s atoparedes máis material.

venres, 20 de abril de 2012

ABRIL, MES DO LIBRO


O vindeiro luns 23 de abril celébrase o día internacional do Libro. Na escola imos facer un pequeno festival no que teremos representacións de contos, recitado de poesías... De momento estamos falando do tema, ensaiando e atendendo a nova exposición que montamos na escola. Intentamos fomentar o gusto pola lectura e o mundo do libro. Os nenos e as nenas poden "ler" antes de decodificar a escritura.

martes, 10 de abril de 2012

VISITAMOS A BIBLIOTECA DO FROXEL




Esta mañá acudimos en dous turnos á biblioteca local do Froxel a escoitar os contos de Marisa Irimia. Como sempre, a bibliotecaria Rosa nos recibiu cun gran sorriso. Unha vez arriba, Marisa nos espabilou cunha ducha imaginaria e logo nos contou dous contos. O primeiro tiña como protagonista a Pinocho que perdera o seu nariz. No segundo a princesa Sapiña quería unha moto e non un príncipe encantador. Vos animamos a levar ós nenos e ás nenas as sesións de contacontos gratuitas que organiza a biblioteca.  

venres, 30 de marzo de 2012

PASCUA

As familias xa sabedes que nas clases de inglés empregamos diversos recursos para conseguir unha boa aproximación á lingua estranxeira. Co gallo das festas que se aproximan aproveitamos para falar da Pascua e como os nenos e nenas anglosaxones reciben a visita do Coello de Pascua. Unha das actividades que fan e a "Easter egg hunt" unha búsqueda de ovos decorados nun campo. Pois hoxe iso fixemos na aula 5. Primero contamos o conto "If I were the Easter Bunny", logo fumos na procura dos ovos que a profe escondera polo pradiño da escola e para rematar empezamos unha ficha relacionada co tema que sacamos da estupenda http://www.familyfun.com/ . Xa non nos deu tempo para mais. Aproveitamos para desexarvos unha boas pascuas. Esperamos os nenos e as nenas para o martes 10, no que temos prevista unha visita á biblioteca do Froxel.



xoves, 22 de marzo de 2012

DÍA DA POESÍA



O 22 de Marzo é o día mundíal da Poesía. Aproveitamos a data para renovar a nosa exposición de libros. Collimos dos fondos da nosa biblioteca títulos de autores como Gloria Fuertes, Antonio García Teijeiro, Yolanda Castaño, etc e recopilacións de rimas e poemas populares como a colección "Cinco Lobitos" da editorial Ciclo ou algúns titulos da colección "Contos maravillosos" da Ed. Cumio. Aquí vos deixamos algunas páxinas dos libros da exposición.


Páxina do libro de GLORIA FUERTES: Versos con moraleja. Ed. Susaeta

Páxina do libro de MAGÍN BLANCO: A nena e o grilo. Ed. OQO.


Páxina do libro de ÁNXELA GRACIÁN: Camiño solitario. Ed. Galaxia

venres, 16 de marzo de 2012

AS VELLAS E AS NOVAS TECNOLOXÍAS

Hoxe vos imos contar unha secuencia de traballo na aula a partires dun conto. Neste caso falamos da aula de 4 anos e o conto e "A casa da Mosca Chosca" da Ed. Kalandraka que atesoramos na Biblioteca.


Primeiro se amosa o conto físico e se fan preguntas sobre que nos suxire a portada do seu posible contido. A continuación a titora conta o conto. Logo se pode facer unha pequena reflexión sobre o lido e pasar a facer diversas actividades. Neste caso os nenos teñen dramatizado a historia dentro da aula, representando os diversos personaxes e situacións. Na Pizarra Dixital traballamos un paquete de actividades en formato LIM. O EDILIM é un programa educativo gratuito que calquera pode descargar da rede para elaborar materiais educativos. No noso caso eleximos o traballo que fixo a compañeira Teresa Hernández do CEIP de Aguiño e que puxo desinteresadamente na rede para compartir. O podedes ver e baixar aquí: 
Despois facemos traballo de mesa recortando e identificando os nomes dos animais protagonistas. Este tipo de actividades se fan ó longo dun periodo de tempo, así que continuará....

martes, 13 de marzo de 2012

CONCERTO DIDÁCTICO

Onte na escola asistimos a un concerto didáctico organizado polo Concello de Arteixo. Os músicos Óscar e Víctor ensináronnos o acordeón, a zanfona, a gaita, o tamboril e que partes os compoñen. Agora xa sabemos o que é un roncón ou os farrapos de gaita!! Falamos das familias de instrumentos ás que pertencen e comparamos con outros instrumentos que coñecemos. Atendimos as cualidades dos sons fortes ou frouxos. Víctor e Óscar tocaron varias pezas tradicionais da música galega que escoitamos e tamén bailamos.


No blog dos pequechos tedes máis fotos e un video por si queredes vernos en movemento.

venres, 9 de marzo de 2012

O CONTO DO RÍO MANDEO

Este mércores tivemos unha actividade complementaria de Educación Ambiental patrocinada pola Diputación da Coruña e organizada pola Empresa Terranova. Verónica e Manuel viñeron contarnos o conto "Este é o conto do río Mandeo". Houbo unha proxección do conto animado, fixeron xogos e logo unha actividade plástica de mesa. Téntase que os nenos e as nenas comencen a ter sensibilidade de cara ao uso responsable da auga e o coidado do medioambiente.
Deixaron un conto para cada un que xa veríades na casa. Un día diferente e moi educativo.



venres, 17 de febreiro de 2012

O ENTROIDO

Este post non ten moito que ver coa Biblioteca, pero si co eido cultural. Este ano xa sabedes que nos decantamos pola "choqueirada". Tivemos un desfile dentro da escola, o tradicional paseo, unha merendola e moitas, moitas fotos. Aquí vos deixamos unha montaxe con algunhas delas. Tedes que clicar no misto e achegalo a mecha do cohete para que comence.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Digital slideshow generated with Smilebox

mércores, 8 de febreiro de 2012

TEATRO DO CEIP DE GALÁN

O curso pasado tivemos a sorte de recibir na escola a un grupo de teatro e contacontos do CEIP de Galán. (enlace). A experiencia foi un éxito rotundo, así que este curso tanto nós como eles decidimos repetir.
De este xeito Erena, Jairo, Jonathan, Lila, María, Nerea, Paula e Zaira viñeron acompañados das mestras Lydia e Loreto a contarnos uns contos. Algúns deles son antigos alumnos e alumnas da nosa escola.
O programa foi o seguinte:
  1. Lectura e monicreques do conto "Ollobrusco" da editorial OQO
  2. Representación da otra "Por favor, non máis extraterrestres!" creada polos mesmos alumnos e alumnas do colexio
  3. A "Ratiña Lola" con axuda dunha proxección nos contou "Frederick" o fermoso clásico de Leo Leonni editado por Kalandraka.
Creede se vos decimos que o fixeron mellor que algúns profesionais. Os nenos e as nenas non se movían do sitio, hipnotizados. Portáronse de maravilla. Felicitámonos mutuamente porque todos o merecíamos de verdade. Dende aquí o único que podemos dicir é: que se repita!!!

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This free photo slideshow customized with Smilebox