mércores, 21 de decembro de 2011

FIN DE TRIMESTRE CON CONTOS

Como remate do trimestre hoxe fixemos actividades diferentes ás cotiás. As 10 da mañá tivemos a visita de Sole, que nos contou varios contos e fixo unha "función" que deixou ós nenos e ás nenas coa boca aberta e, o mais asombroso, sentados durante case 45 minutos. Amosounos varios libros preciosos e contounos varias historias que gustaron moito, entre elas:


Aquí vos deixamos unha presentación de algunhas fotos que tomamos esta mañá. Disfrutade das vosas cativas e dos vosos cativos.

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Make your own photo slideshow

LIBROS DE NADAL

mércores, 14 de decembro de 2011

TRABALLANDO EN FAMILIA


Izan é o protagonista da clase de 5 anos esta semana. Trouxo un montón de cousas da casa para que o coñezamos mellor. Unha das que máis nos gustaron a todos foi un libro de follas recollidas na casa do seu avó. Coa axuda da súa familia, escribiu os nomes das árbores en folios e lle pegou as follas correspondentes. Os seus compañeiros estiveron moi interesados na súa creación. Trouxo tamén outro libriño con datos da súa vida escritos por el. Izan estaba entusiasmado amosando os seus traballos e vendo o interese que espertaban nos demais. A nós só nos queda felicitar á súa familia por facer actividades como estas con Izan.

venres, 9 de decembro de 2011

UN CONTO POLO NADAL



A semana pasada lle tocou a Darío Rey ser o protagonista na aula de 4 anos. Como sempre, Beti invita a un membro da familia a pasar unhas horas con nós e a facer algunha actividade cos nenos e as nenas. Neste caso Darío pediulle ó seu pai, Jose, que nos lera un conto. Jose optou por unha historia acorde coas datas que se achegan e nos falou do Nadal. O libro é Cada noche una historia con Blanquita de la editorial Saldana. Logo Darío achegouse os seus compañeiros para amosarlles as ilustracións máis de preto. Moitas grazas Jose!!

venres, 2 de decembro de 2011

OS PEQUECHOS DE VILARRODÍS

Na aula de tres anos ven de abrirse un novo blog. Nel veredes que están incluidos varios eventos dende o inicio do curso. O tedes enlazado no menú da dereita ou aquí mesmo:
http://ospequechosdevilarrodis.blogspot.com/

Bravo Mariceli!

A LECTURA


Sabemos que hai moitas familias moi preocupadas pola aprendizaxe da lectura dos seus fillos e fillas. É comprensible e desexable esta preocupación xa que a nosa cultura está asentada na lingua escrita. Pero temos que ter claro que cada cousa ten o seu tempo.

Vexamos o que din as leis educativas ao respecto:

No Decreto 330/2009 do 4 de xuño de Curriculo da Ed. Infantil leemos:
“No segundo ciclo de educación infantil preténdese (…) que o alumnado descubra e  explore os usos da lectura e a escritura, espertando e afianzando o seu interese por elas.
Farase un achegamento á literatura infantil a partir de textos comprensibles e accesibles para que esta iniciación literaria sexa fonte de gozo, de diversión e de xogo.”

Hai casos extraordinarios de nenos e nenas que dende idades temperás adquiren os mecanismos deses aprendizaxes, pero iso, son excepcionais e por si solos non son garantía de éxito escolar final. O máis natural é que os nenos acaden os rudimentos da lectura e escritura autónomas entre os cinco e os sete anos, e despois de traballar paseniñamente no tema. E non todos van ó mesmo ritmo. Tamén convén lembrar que en estas idades uns meses de diferenza en moitos casos nótanse; a madurez intelectual e física pode ser moi distinta de mes en mes. Un neno que cumpre anos en xaneiro probablemente “romperá” a ler antes que un neno de  fins do mesmo ano. Haberá casos de nenos que rematen a Ed. Infantil con cinco ou seis anos recén cumpridos sen ter ben desenvolvida a competencia lectora. Como todo hai que traballar sen presa pero sen pausa. A adquisición da lectura e en xeral toda a educación é unha carreira de fondo, non un sprint. O interese que vexan no fogar ou simplemente o exemplo (que vexan ler os seus pais ou irmáns) axuda moito.

A lectura trabállase dun xeito ou outro dende a aula de tres anos pero vaise intensificando a medida que os nenos van madurando. As fotos que vedes son da aula de 5 anos. Isabel, as nenas e os nenos están a ler en común un libriño informativo sobre os bebés. Todos estiveron moi interesados polo tema e desexosos de “descifrar”a información contida en todas esas letras xuntas.