mércores, 30 de novembro de 2011

OUTONO NA CLASE DE 3 ANOS

Con motivo da unidade didáctiva "O Outono e a paisaxe" os nenos e as nenas da aula de 3 anos fixeron este pequeno conto sobre tres folliñas baseándose na observación da natureza.
Os nenos e as nenas disfrutaron elaborando este traballo que ademáis de ser unha actividade de expresión plástica supuxo un achegamento o gusto pola lectura de contos.
O elemento motivador foi: "Ímoslle ler este conto a papá e mamá". Animádeos pois a que o lean, entendendo que a lectura neste estadio evolutivo é unha interpretación das imaxes do conto.

luns, 28 de novembro de 2011

A BIBLIOTECA MUNICIPAL DE ARTEIXO E A ESCOLA

As Bibliotecas Públicas son unha garantía  para a igualdade de oportunidades no desenvolvemento das aprendizaxes culturais dos individuos dunha comunidade ou país. Moitos dos que temos estudios superiores en España lles debemos moito a esas bibliotecas, xa que é probable que sen elas non houberamos podido acceder a textos e materiais necesarios para as nosas carreiras universitarias, nin ler a moitos autores que conformaron os nosos coñecementos e a nosa personalidade.
Hoxe en día hai moitas Bibliotecas Públicas, como as Municipais de Arteixo, que ademais de prestar libros realizan moitas outras actividades entre as que destacan os contacontos e  a posibilidade de acceso a internet. As actividades das B.M. son periódicas, gratuítas e estimulantes para os nenos e nenas.
Seguindo a súa liña de servizo, a B. M. de Arteixo presta ás escolas que os solicitan lotes de materiais dos seus fondos. Nós colocamos ós fermosos libros que collemos alí nos andeis da entrada.
Logo dende as aulas se van elixindo os que se queren ler en función dos temas que se tratan nas clases ou polo pracer dunha boa lectura.

venres, 18 de novembro de 2011

O MAGOSTO

Hoxe tivemos a celebración do tradicional magosto. No fío do anterior post vos poñemos un par de fotografías dos nenos e as nenas practicando a motricidade fina pelando castañas. Mmmm, que boas!
Temos que agradecerlle a panadería Biscotte que nolas asou de balde. Moitísimas grazas!!!.

O CALZADO É A ESCRITURA


O ensino na Educación infantil é globalizado, e dicir, as sesións de traballo normalmente non se compartimentan en “asignaturas”, o máis normal é que  se  mesturen actividades onde se ven aspectos de lingua, lóxica- matemática, plástica e incluso o que algúns chaman educación física  ou ximnasia pero que en realidade é  PSICOMOTRICIDADE. A psicomotricidade como o seu nome indica refírese a relación entre a mente e o movemento.  Básicamente na escola o que se pretende neste campo é que os nenos e as nenas sexan capaces de entender, empregar e expresar conceptos espaciais e temporais, sexan  capaces  de relacionarse cos demais a través do xogo, e moi especialmente que teñan un bo coñecemento do propio corpo sabendo as súas partes principais e coordinando os seus movementos axeitadamente ó que require a situación.
Nesta última parte entran o calzado e a escritura.

A adquisición da escritura é un proceso longo. Para poder escribir correctamente unha persoa debe ter unha boa psicomotricidade fina, é dicir, ten que saber mover ben a man, os dedos, o pulso e o brazo. Tamén se necesita unha boa coordinación óculo-manual o que significa que o que vemos e queremos facer se corresponde co que estamos a facer coa man.

Cando os nenos e as nenas de 2-3 anos entran na escola moitos son prácticamente bebés. O primeiro que facemos é empezar a traballar a psicomotricidade fina coa plastilina , quitando e poñendo roupa, cos botóns dos mandilóns e na aula de psicomotricidade quitándose e poñéndose o calzado solos. Calzado de velcro ou similar, claro, nada de cordóns. Con un pouco de colaboración familiar pronto comezan a ser autónomos. Entón sabemos que estamos no bo camiño (que nos levará un par de anos).

venres, 11 de novembro de 2011

SERVIZO DE PRÉSTAMO DOMICILIARIO

Hai moitas razóns para lerlle as nenas e os nenos na casa:
  • Pasar un rato relaxados xuntos
  • Aprender vocabulario
  • Disfrutar dunha historia
  • Animar ó neno ou nena (ao fío do lido)  a expresar as súas opinions, coñecementos, temores... e así coñecelo mellor
  • Fomentar ó interese na lectura e escritura, que o fín e o cabo son os pilares da nosa cultura.
Ben, despois deste preámbulo, (que algúns diredes "Que rollo, si iso xa o sabemos") a noticia é que retomamos o servizo de préstamo domiciliario nas aulas de 4 e 5 anos.
Como xa vos dixemos o curso pasado e na nota que levaron onte, se lles prestará un libro que levarán nunha bolsiña cunha etiqueta co seu nome. O libro e a bolsiña teñen que vir de volta o luns.
Os nenos e as nenas de 4 anos estiveron escribindo onte unha notiña para levar para a casa coa nova. Mirade nas fotos como traballaron. A verdade é tanto eles como os maiores de 5 levaban un tempo pedíndonos que empezaramos xa co préstamos. Pois nada,  a ler!

martes, 1 de novembro de 2011

O SAMAÍN

Chegaron as datas do Samaín e as familias colaboraron coa escola enviando cabazas decoradas para ambientar. As nenas e os nenos estaban orgullosísimos das súas cabazas e despois de velas detidamente en candansúa aulas, as foron colocar no corredor para que todos poideramos disfrutar delas.
Como podedes ver son auténticas obras de arte.. e aquí non están todas.
Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize your own free slideshow design

O pasado venres fixemos unha pequena celebración para rematar o tema.
Xuntámonos todos na aula de Psicomotricidade e usos múltiples. Primeiro vimos e escoitamos o conto "Samaín" de Clara de Sáa con ilustracións de Sandra Fernández. O proxectamos para velo ben grande.

 Logo os alumnos e as alumnas de 5 anos representaron o conto "Corre, corre Cabaciña" que nos gosta moito. Toda a escola cantou o retrouxo da canción que acompaña a historia. O final recibiron un forte aplauso porque a verdade é que o fixeron de maravilla.
Para rematar fixemos un baile con conga incluida coas cancións da obra, con "Lobo feroz" e outras. E logo ben animados marchamos a merendar que ben o merecíamos.
Click to play this Smilebox greeting
Create your own greeting - Powered by Smilebox
Make a digital greeting