venres, 30 de setembro de 2011

A protagonista da semana

Na aula de 5 anos este ano empezouse co proxecto de protagonista da semana. Como o seu nome indica cada semana un neno ou unha nena será a "estrela" da clase e todos aprenderemos moitas cousas da súa vida. Este proxecto pretende fomentar a expresión oral e escrita, a autoestima, o esquema corporal, a socialización, etc.


Esta semana a protagonista é Lydia. Ela e a súa familia traballaron moitísimo para ensinarnos moitas cousas moi interesantes sobre ela, os seus seres queridos, os seus animais, o traballo de papá e mamá, etc. Trouxeron unha bolsa chea de obxectos e dous posteres de fotos que Lydia nos explicou con moito entusiasmo. Agora todo ese material está exposto na aula.


 Ademais tivemos unha sorpresa moi doce. Maricarmen, a nai de Lydia, preparou uns pasteliños de chocolate que estaban boísimos. Non quedaron nin as migallas.


xoves, 29 de setembro de 2011

As moitas vidas dos xornais

A principal función dos xornais é, evidentemente, a de manternos informados das novas do noso mundo, pero non é a única. Se houbese un ranking, un listado, dos produtos máis reutilizados, sen duda os xornais estarían nos primeiros postos.
Nas escolas sempre ven ben ter unha pequena reserva de xornais. Os empregamos para recortar, pintar, limpar, facer xogos na aula de psicomotricidade, elaborar  pelotas...  Esta vez vos amosamos o "último grito" en envoltorios para regalo.
Gracias a un proxecto do curso anterior organizado pola ANPA da escola e os cuidados de papá Sergio, a horta da escola deu unha fermosa colleita de cebolas que os nenos de 4 e 5 anos levaron para casa ben envoltas nos xornais. Esperemos que estiveran tan boas como parecían!!