xoves, 23 de xuño de 2011

RESUMO DO CURSO

Xa temos os cativos e as cativas de vacacións, pero nós ainda andamos pola escola, e seguiremos colocando cousiñas de cando en vez no blog. Estamos a facer informes, memorias, limpeza e ... plans para o curso que ven. Desexámosvos un bo verán, que descansedes e collades enerxía para o outono. Disfrutade dos nenos e nenas todo o que poidades, que crecen ben deprisa.

martes, 21 de xuño de 2011

A LECTURA NA AULA DE 3 ANOS

Na aula de tres anos, dedicamos un tempo diario para a lectura autónoma. Para iso foi importante ter un espacio dentro da aula onde colocar os contos, decorado con fotos de persoas de diferentes idades que están lendo.

Iso de ler sós ó comezo custábanos, pois todos queríamos coller o mesmo conto. Pero, pouco a pouco, fomos descubrindo que os contos podémolos compartir e que iso resulta divertido…Así mentras uns  lemos soíños, outros lemos por parellas ou tríos. Dá gusto vernos!!!!

Tamén, en moitas ocasións xogabamos, e aínda o facemos , a imitar ás profes cando nos contan contos, colocándoo do revés…como se tivéramos un público!!!

O mellor de todo isto, é que cada vez nos gustan máis os libros, aprendemos a disfrutar deles, a coidalos, e podémosvos asegurar que cando hai un conto novo, a nosa atención está asegurada!!!!

O préstamo de contos a casa (os venres), veu dar o empurrón definitivo,…canto nos gusta levar a nosa bolsiña!!!! E xa a altura do martes estamos preguntando cando a levamos. Que maiores somos!!!!!!




venres, 17 de xuño de 2011

RECEITARIO

Agora que estamos recollendo todo o material realizado polos nenos e nenas durante o curso imos ir colocando no blog algunhas das cousas que gustaron. Empezamos por este libro de cociña que realizaron os nenos e nenas de 5 anos A para practicar a escritura e traballar os alimentos.
Bo proveito