sábado, 28 de maio de 2011

IMOS Ó TEATRO

Moi animados collimos os autobuses para ir o Teatro. A cita era no Teatro do Andamio, na plaza elíptica dos Rosales en Coruña. A obra era "A verdadeira historia dos tres porquiños e o lobo feroz".
Coma sempre que vamos a un sitio novo estábamos expectantes de como se desenvolvería a actividade. Certamente podemos afirmar que os nenos e as nenas disfrutaron do espectáculo, levado por auténticos profesionais. Aquí vos deixamos a dirección web por si queredes ir a algunha sesión en familia: http://www.teatrodelandamio.com/
Houbo gargalladas arreo e ningún medo. A obra é unha revisión do clásico con algúns ingredientes acordes os valores actuais. Os actores logo nos falaron da creación dos títeres, dos efectos escénicos (luz, sons...), do movemento dos títeres. Unha estupenda experiencia.

martes, 24 de maio de 2011

SERVIZO DE PRÉSTAMO

Fai un par de semanas iniciamos o servizo de préstamo domiciliario dos fondos da nosa Biblioteca Escolar. Despois de moito pensar como organizar o servizo optamos polo máis sinxelo, alomenos para o estreno. Así entre cada titora e a bibliotecaria escolleuse un número de títulos por aula que depositamos nunha caixa decorada. Cada neno escolle un título da caixa e o venres o leva para casa. O libro se rexistra e se mete nunhas bolsiñas que a Consellería de Educación remitiu para tal fín. O luns deben retornar a bolsiña co libro e así apuntamos que xa está de volta na escola.
Unha das cousas que nos preguntábamos era como personalizar as bolsas. Un día lendo os blogs dos nosos colegas da EEI de Barrionovo vimos a solución que eles lle deron o problema e a adoptamos rápidamente (gracias pola inspiración!). Colocamos unha tarxeta plastificada co nome do neno ou nena no cordón da bolsa e así non hai perda. Os maiores axudaron a decorar as tarxetas.

xoves, 19 de maio de 2011

O ANIVERSARIO DAS LETRAS GALEGAS

Celebramos na escola o día das Letras Galegas como o aniversario da lingua. Varios cativos preguntaron E cantos anos cumpre? Pois... moitos... afortunadamente. Como diría Cunqueiro, máis de mil primaveras. O homenaxeado este ano é Lois Pereiro, poeta monfortino cunha obra eminentemente adulta difícil de adaptar ós nosos cativos. Por ese motivo a meirande parte das actividades escolares de infantil relacionadas co autor céntranse máis nos aspectos biográficos que na propia obra. Para os adultos da familia hai moitos enlaces interesantes, por exemplo
Volvendo o aniversario, as nenas e os nenos disfrutaron ollando como as letras galegas (en forma de diccionario) apagaban a vela do biscoito. Non hai festa de aniversario sen a súa tarta e todos deron ben cumprida conta dela.