venres, 15 de abril de 2011

A POESÍA DA FORMIGA

Éstas son as ilustracións coa poesía que aprenderon os nenos e nenas de 5 anos A para o día do libro.





xoves, 14 de abril de 2011

ABRIL, MES DO LIBRO



O pasado xoves tivemos na escola un pequeno festival para festexar o mes do libro. Todos foron público e protagonistas. O cartel de actuacións era o seguinte:

1. Meli contou o conto "Ímos cazar un oso" de Michael Rosen e Helen Oxenbury
2. Os alumnos e alumnas de 5 anos A recitaron o poema "A formiga" adaptado de J. San Miguel
3. As nenas e os nenos de 4 anos nos contaron e cantaron o conto de "Cocorico" de Marisa Nuñez
4. As alumnas e alumnos de 5 anos B participaron na dramatización do conto "A toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza" de Werner Holzwarth
5. Dramatización do conto popular "Riciños de ouro e os tres osos"
6. Os cativos e cativas de 3 anos fixeron soar uns fogos artificiais co seu corpo para rematar o festival.




Coidamos que todos e todas (as mestras tamén) o pasamos xenial e nos portamos de maravilla. Unha experiencia para repetir.





venres, 8 de abril de 2011

VISITA Á BIBLIOTECA DO FROXEL

Co gallo do mes do libro, e concretamente, do día internacional do libro infantil que se celebra o 2 de Abril, o concello invitou a toda a escola a asistir a unha actividade de animación a lectura na Biblioteca do Froxel. O mércores 6 acudimos a cita en dous grupos. Rosa, a bibliotecaria,  recibiunos cun gran sorriso e acompañounos ata a sala.
"¡Booo!", "Un culete independiente" e “Nenos valentes” son os contos cos que Iván nos tivo engaiolados. A continuación pintamos entre todos un antiface para levar á escola e aínda tivemos tempo para botarlle un ollo a algúns dos títulos da biblioteca.
Vos animamos a que levedes os vosos fillos e fillas ás actividades de contacontos que ofrecen as bibliotecas municipais de Arteixo de balde. Todos sabemos que se aprende mellor o que se desexa aprender. Ás actividades de animación á lectura facilitan que os cativos se sintan máis motivados a querer descifrar eles mesmos os contos que se lles contan.