venres, 25 de febreiro de 2011

VISITA DE GALÁN E TVG 2



Aquí deixamos algunhas imaxes que tomamos o día da actividade da que vos falamos

VISITA DE GALÁN E TVG

No pasado mes de decembro recibimos a visita duns nenos e nenas do CEIP de Galán que viñeron a contarnos varios contos. Esta actividade enmárcase no Proxecto de Fomento do Galego da escola. Foi unha moi boa experiencia tanto para nós como para eles. Á Televisión de Galicia pareceulle tamén unha actividade interesante e decidiu vir a gravala. Moitos xa vistes o programa BEN FALADO que se emitiu o día 4 deste mes de Febreiro. Por se o perdestes ou queredes voltar a velo aquí tedes o enlace:


Buscade en gravacións: CEIP Galán- Arteixo 04/02/2011.

Ademais esta semana saíron varios días os nosos cativos respostando na seción  Ves como sabes? do programa. Non o perdades!

luns, 14 de febreiro de 2011

UNHA NOVA AVENTURA

Os mestres e as mestras temos o máis fermoso oficio do mundo. Traballamos con nenos e nenas, e dicir, traballamos co futuro.

O futuro que xa está aquí e o que virá pasa polo uso das novas tecnoloxías. As mestras tamén estamos sempre aprendendo: de outras mestras, de libros e tamén dos nosos alumnos e alumnas. Agora toca aprender novas tecnoloxías pero sen deixar atrás as vellas.

Presentamos o noso blog da biblioteca escolar para falar de libros: físicos e virtuais pero, sobre todo, Bibliorrodís aspira a convertirse nunha pequena ventá dende a escola para as familias dos nenos cos que temos a sorte de traballar.

Amosaremos fundamentalmente o traballo que parte da biblioteca escolar. Propoñerevosvos actividades por si queredes facer na casa e estaremos encantados de recibir as vosas suxestións e comentarios.

Deixamosvos a imaxe "Written Worlds" (Mundos Escritos) do artista canadense Rob Gonsalves.