sábado, 29 de abril de 2017

VISITAMOS A BIBLIOTECA MUNICIPAL

O pasado xoves viaxamos en autobús ate a biblioteca municipal de Froxel  en dous grupos. Os primeiros foron os nenos e as nenas das aulas 3 e 4 e na segunda sesión asistiu o grupo da aula 5.  Acompañounos Eusebio, un dos bibliotecarios do Concello, e asistimos a unha sesión de contacontos a cargo de Nacho Martínez. A Nacho xa o coñecíamos dos seus traballos no Teatro del Andamio e soubemos inmediatamente que a sesión ía ser un éxito. 
O primeiro conto o fixo coas mans  invitando aos nenos e nenas a acompañalo, un conto da sua nenez sobre dous amigos  que non se dan atopado. A continuación colleu a guitarra para contarnos e cantarnos o xa clásico “Vamos a cazar un oso”  de Michael Rosen e por último contou con sombreiros a non menos coñecida historia de “A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza” de Werner Holzwarth. 




Presentámosvos fotos do primeiro grupo, nelas veredes que Nacho nos tiña engaiolados.
Agradecemos ó servizo de Biblioteca do Concello a súa invitación e animamosvos a seguir a programación de actividades para nenos e nenas das bibliotecas municipais.


1 comentario: