martes, 28 de febreiro de 2017

ENTROIDO 2017

Velaquí un recordatorio do día especial de Entroido na escola. As celebracións empezámolas antes. Entre todos adornamos a entrada da escola pintando, recortando e pegando materiais nos vidros e paredes, seleccionando e movendo libros, mobles e disfraces.




O día da festa, venres, xuntámonos todos na aula de usos múltiples onde fixemos as fotos de grupo e un pequeno desfile. Logo nos dividimos en 4 grupos identificados por colgantes de cores. Os grupos (co alumnado das distintas idades mesturado) pasaron por obradoiros de xogos e de confección de antefaces. Despois xuntámonos de novo para degustar unhas ricas orellas de Entroido e o resto da merenda. Ao final xogamos libremente no patio.

Ningún comentario:

Publicar un comentario