domingo, 27 de novembro de 2016

UN MUNDO LARANXA


A escola súmase á campaña promovida polo Secretario Xeral da Organización das Nacións Unidas “Únete para poñer fin á violencia contra as mulleres e nenas”. Esta campaña dura dende o propio día, 25 de novembro,  ata o  10 de decembro, día  dos Dereitos Humanos. A violencia contra ás mulleres non só afecta ás propias vítimas senón tamén aos seus seres queridos: fillos, fillas, pais, nais, irmáns, irmás....


Nas aulas e na biblioteca léronse contos  axeitados á idade dos nosos alumnos e alumnas de temática relacionada coa igualdade de xénero (“O país dos Mandóns”, “Rosa Caramelo”,”A voda do galo Pinto”) sobre os que fixemos algunhas reflexións e se realizaron actividades plásticas que logo colocamos na entrada da escola. Vos animamos a visitar os outros blogs da escola para ver os procesos.


A ONU é moi consciente de que a violencia en xeral e a desigualdade de trato de xénero en particular son  problemas mundiais, pero tamén de que as culturas máis desenvolvidas son aquelas nas que as mulleres teñen posicións máis igualitarias.
A ONU ten en marcha outra iniciativa relacionada co trato ás mulleres e ás nenas chamada HeForShe, na que se busca involucrar aos homes e aos nenos na defensa da igualdade de xénero. 


Vos animamos a todos e a todas a ver as guías e recursos para promover a igualdade para homes e mulleres na seguinte páxina web:





Ningún comentario:

Publicar un comentario