luns, 20 de xuño de 2016

SEMANA DE TEATRO: A BAIUCA E CEIP DE GALÁN

Ás veces as cousas boas chegan xuntas. Esta semana tivemos dúas visitas de teatro ben queridas por nós.
O luns, da man do Concello, chegaron os maiores de A Baiuca a representar a historia do Peixe Arco Iris de Marcus Pfister e editado en castelán por Beascoa. Con fermosas ilustracións esta historia fala dun peixe cheo de escamas multicolores ,  egoísta e arrogante, que quere que os demais o admiren e ten que decidir entre seguir igual e ser ignorado ou cambiar de actitude para ter amigos. Deste libro xurdiron outros, varios dos cales temos na biblioteca.
Ás nenas e aos nenos da escola gustoulles moito a representación, que rematou con pompas de xabón. Despois cantamos as cancións musicadas de Manuel María e outras populares previamente ensaiadas.



BAIUCA 16 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker


O mércores chegou un gran grupo de escolares de primaria do Ceip de Galán cos seus mestres, co noso estimado Armando ao frente. Non só nos gusta polo espectáculo, ademais levamos a grande alegría de voltar a ver algúns exalumnos e exalumnas, cariñosos, altos e sans. Trouxeron un programa moi completo: Os maiores (5º e 6º) representaron o tradicional conto "Cincenta", o grupo de 1º C cantou "A Roda", o grupo de 2ªA representou "Un lugar extraordinario" relato dun grupo de turistas e a canción "O Pirimpimpín". O evento foi presentado polas nosas estimadas exalumnas Soraya e Claudia. Ao final todo o noso alumnado cantoulles varias cancións. Grazas por vir!


Ningún comentario:

Publicar un comentario