xoves, 23 de xuño de 2016

NOVA BIBLIORRODÍS E FIN DE CURSO



 

Comentabamos ao inicio do curso que tivemos un apoio económico importante a través do programa PLAMBE levado pola Asesoría de Bibliotecas Escolares dependente da Consellería de Educación da Xunta. Este apoio, xunto co do Concello de Arteixo e o esforzo da comunidade, nos permitiu modificar a biblioteca escolar, Bibliorrodís, para conseguir un espazo bibliotecario diferenciado dunha aula ordinaria, con recursos axeitados e ao servizo de toda a escola. Isto nos permite dispoñer de recursos electrónicos modernos, mais fondos para a labor educativa diaria, para proxectos, empréstitos etc. Durante todo o curso estivemos barallando diversas  opcións  para conseguir empregar esa dotación da mellor forma posible e agora que remata estamos concluíndo a reforma.
 
 


Non queríamos que o alumnado que acaba etapa partira da escola sen ver os resultados, así que como peche de curso eliximos inaugurar a nova Bibliorrodís. Xuntámonos todos a escoller un conto e escoitalo xuntos. Da selección que fixeramos previamente os nenos e as nenas votaron “La Biblioteca Nocturna” de Kazuno Kohara. Logo vimos unha proxección do conto “El increíble niño comelibros” de Oliver Jeffers. Deixamos a continuación que tiveran un rato de lectura libre. Veredes nas fotos da montaxe o a gusto que se lles ve a todos pasando as follas dos contos no novo espazo.


Despois de iso saímos ao patio onde o mestre Juan tiña preparado un concerto coa axuda do seu pai, tamén Juan, que foi espectacular. Marabilloso remate de curso, con un chisquiño de mágoa polos nenos e nenas que se nos van. Afortunadamente tamén se deixaron ver algúns exalumnos e exalumnas o que sempre se agradece.

Bo verán a todos e todas!



Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
Customize a free photo slideshow

Ningún comentario:

Publicar un comentario