mércores, 24 de febreiro de 2016

SEMPRE ROSALÍA



Lembramos hoxe o día do nacemento de Rosalía de Castro. Rosalía segue a ser a figura literaria máis recoñecible da nosa lingua. Dende a escola debemos potenciar o coñecemento da súa obra universal con contidos aptos para a idade.
Escoitamos algúns dos poemas musicados pola cantante Uxía no libro disco "Rosalía Pequeniña" editado por Galaxia.




Aproveitamos tamén a iniciativa da Asociación de Escritores de Lingua Galega que nos invitan a elaborar unhas postais a partires duns versos da autora. Algúns xa as levaron hoxe e outros as irán rematando ao longo da semana.






As Bibliotecas Públicas de Arteixo van conmemorar o día con varias actividades e un díptico do que vos deixamos o enlace aquí


2 comentarios: