martes, 2 de febreiro de 2016

DÍA ESCOLAR DA PAZ



 

O venres festexamos o Día Escolar da Paz e Non violencia xuntándonos todos en Bibliorrodís. En primeiro lugar asistimos a representación do conto “Dos Monstruos” de David McKee por parte dos nenos e os nenos e as nenas de 5 anos. Esta historia a traballaron previamente na aula de Audición e Linguaxe con Raquel. A continuación o mesmo grupo recitounos un texto do libro “Abezoo” de Carlos Reviejo e Javier Aramburu. Logo a mestra Isa nos contou “Pequeno Monstro di Non!”, que versa principalmente sobre a importancia de respectar os demais e de facerse respectar. Para finalizar na biblioteca puxemos a canción “Toc toc” do libro- disco co mesmo título de Pablo Díaz para bailar e darnos apertas.



Ao salir da biblioteca entramos na aula de Psicomotricidade para xogar as “cadeiras musicais cooperativas”. Despois comemos pombiñas de millo e merendamos todos xuntos.

Tedes mais información dos traballos previos e da mesma xornada nos blogues de aula enlazados ao lado.




Ningún comentario:

Publicar un comentario