luns, 16 de marzo de 2015

BIBLIOTECA ESCOLAR...MATEMÁTICO!!!

Este curso as bibliotecas escolares galegas teñen como lema Biblioteca escolar... matemático!!!. Se trata de lembrar a importancia dos coñecementos relacionados coa área matemática tamén dende as bibliotecas. En Bibliorrodís fixemos unha selección entre o noso catálogo dalgúns dos libros informativos e tamén de libros de ficción e outros materiais que abordan temas como a numeración, o cálculo, a xeometría, os conceptos espaciais, as medidas, tamaños, conceptos temporais... para realizar unha exposición. Detrás da exposición colocamos un mural co póster enviado dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares da Consellería e algunhas fotos dos nenos e nenas da escola traballando en diversas aulas aspectos desta área dende unha perspectiva de ensino significativo e colaborativo.

Ningún comentario:

Publicar un comentario